Saltar navegación.
Inicio

Novo xogo online

Xa está colgado na web da As.pg o novo xogo online en galego A curuxa. Tratase dunha divertida mistura entre o clásico Trivial e o xogo da Oca.

Premede na imaxe e poderedes desfrutar del xogando sos ou cos vosos comapñeiros/as.

 (Preme na imaxe)

 

NOVAS ACTIVIDADES JCLIC

AS NOSAS COMPAÑEIRAS DO GRUPO DE TRABALLO VOLVEN A AMOSARNOS O SEU TRABALLO EN JCLIC, PARA QUE TODOS/AS PODADES TRABALLAR CON ELAS.

PINCHA AQUÍ

 

OLIMPIADA DE ATLETISMO EN ZAS

O mércores 20 de maio tivo lugar unha olimpiada de atletismo en Zas na que participaron colexios de toda a comarca da costa da morte: Ceip de Baio, Cpi de Zas, Ceip Ponte do Porto, Ceip Mar de fora e Ceip Sardiñeiro de Fisterra, e por suposto o noso Ceip San Vicenzo de Vimianzo.

A xornada enmarcada dentro do programa deportivo DEPORTE NA ESCOLA, promovido pola Consellería de Educación, tivo un éxito de participación. 

As probas que se realizaron foron:
  • 1 volta a pista (314 m. para benx. e 374 para alevíns)
  • Salto de lonxitude
  • Salto de altura
  • Lanzamento de peso (2 kg)
  • Lanzamento de xabalina (o anteriormente explicado)
  • 60 metros lisos
  • 200 metros lisos
  • Relevos  4 x 50.
 Os atletas participantes demostraron unha grande destreza na realización de cada unha das probas. A competición estivo moi reñida e ao final da mesma os nenos e nenas de Vimianzo acadaron uns magníficos resultados que se viron reflectidos na consecución das correspondentes medallas. Parabéns a tódolos participantes e organizadores de dito evento.  

 

 

 

(ver mais fotos)

Videoconferencia no Telecentro

O pasado Venres 15 de Maio os compañeiros do 3º ciclo acudiron ao telecentro para realizar unha actividade moi interesante.

Mantiveron unha "videoconferencia" con alumnos do colexio de Abegondo. 

A mais de 50 km de distancia, pero unidos por unha pantalla e unha conexión a internet, todos puidemos homenaxear a Ramón Piñeiro.

 

 

(ver mais fotos)

 

Blogoteca en funcionamento

Xa está a funcionar a nosa Blogoteca!

Podedes acceder a ela clickeando no botón do menú superior visible na páxina principal ou facendo click nesta imaxe

 

 

É moi fácil participar e todos podemos facer del un espazo de opinión e discusión moi interesante.

Animádevos!

 

EXCURSIÓN EDUCACIÓN INFANTIL

FOMOS DE EXCURSIÓN!!

O MARTES 12 DE MAIO, OS ALUMNOS DE EDUCACIÓN INFANTIL, E AS SÚAS PROFES, FOMOS DE EXCURSIÓN Á  CORUÑA PARA VER A REPRESENTACIÓN TEATRAL DO CONTO: "HANSEL E GRETEL".

A OBRA GUSTOUNOS MOITO A TODOS, E LOGO PASÁMOLO MOI BEN XOGANDO XUNTOS NO PARQUE.

PARA VER ALGUNHA DAS FOTOS QUE SACAMOS, PREMEDE NA GALERÍA DESTA WEB. 

 

 

 

Power Point de Ramón Piñeiro

Achégase o día das letras galegas! Tedes este pequeno PWP para poder coñecer mais do autor homanxeado este ano.
 
 
RAMÓN PIÑEIRO (fai click)
Elaborado por
CPR La Merced (Sarria)
 

Derradeira sesión de docencia sobre a Web do centro

14/05/2009 16:30
14/05/2009 18:30
Etc/GMT

Este Xoves terá lugar na sala de Audiovisuais da planta baixa do noso centro a derradeira sesión con Pablo.

Será unha sesión expositiva sobre a derradeira ferramenta da nosa web:

 

_____"Aula Virtual" (moodle)______

 

(artigo Wiki sobre Moodle)

Moddle é unha das plataformas mais completa e empregada para desenvolvemento de cursos online.

No eido da educación ten unha gran potencialidade como apoio estratéxico á docencia convencional: explicacións e exemplificacións de temas, elaboración de actividades online, potentes ferramentas de corrección e avaliación dos resultados, foros de dúbidas,etc...

__________________________________

 

Rindo Estades todos convidados a asistir a esta ponencia, sen dúbida, interesantísima para unha aproximación e toma de contacto con esta novidosa ferramenta. 

CONCHA BLANCO

CONCHA

 8 DE MAIO 2009, data na que o noso colexio tivo a sorte de contar coa escritora galega CONCHA BLANCO.

Deleitounos a todos/as profes e alumnos coas súas verbas, sentimentos, forma de ser...todo elo imprescindible para que das súas mans saian logo obras tan fermosas e que tanto gustan a rapaces e adultos.

Pero Concha non só se expresou ela, tamén estivo moi receptiva as preguntas dos alumnos,sen rexeitar nengunha, que por certo, preguntas moi coherentes e con un comportamento excepcional "palabras da propia autora".

Deste xeito: entre exposición, preguntas e dedicatorias pasaron dúas horas que a todos/as; rapaces, profes e ela mesma nos resultaran moi curtas.

Moitas, moitísimas grazas Concha, esperemos que non sexa a última vez que visitas este centro.

Unha visita perigosa ao Centro

Hoxe, 7 de maio tivemos no Centro unha visita pouco grata. Viñéron e quedaron vivindo nun enxame unha boa familia con todos e todas os seus amigos e amigas.

Como a visita non nos agradou moito pedimos axuda inmediata para que marcharan a outro lugar máis apropiado.

Distribuir contido