Saltar navegación.
Inicio

RECOLLIDA E ENTREGA DE MATERIAIS E LIBROS

Estimada famimilas,

Como sabedes xa estamos na Fase 2, polo que o goberno xa autoriza a presenza do profesorado no centro e permite a recollida e entrega de material escolar e libros por parte das familias. Ata o momento non estábamos autorizados.

Co fin de que podan vir entregar e recoller os materiais e libros dos seus fillos/as evitando aglomeracións e respetando as medidas hixiénicas recomendadas, a organización establecida é a seguinte:

  • Días 1-2 de xuño: Infantil
  • Días 4-5 de xuño: 1º e 2º de Educación Primaria.
  • Días 10-11-12: 3º,4º,5º,6º de Educación Primaria.

Cada familia será citada polos titores para unha hora concreta nos días establecidos, para que podan acudir por quendas. Deben traer bolsa para a recollida dos materiais e, aquelas persoas que dispoñan na súa casa dos libros de Fondo Libros, deben devolvelos para poder acceder ás axudas correspondentes no vindeiro curso. Rogamos que veñan con mascarillas e guantes para manter as medidas de seguridade necesarias.