Saltar navegación.
Inicio

ACTUALIZACIÓN DA INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS DURANTE A 3ª AVALIACIÓN

REPARTO DE MATERIAIS

Dende a Federación Galega de Asociacións de Directivos de Colexios de Ensino Público (FEGADICEP) ,respecto ás consulta sobre o reparto de materiais responde o seguinte: 

"Feita a consulta sobre o movimento que está habendo por parte das anpas, e algunhas direccións e concellos, co tema do reparto de material, comentar o seguinte: Van pechar coa FEGAMP un criterio único de actuación e logo enviarán instruccións aos centros. As direccions non deberían citar ás familias nos centros para a recollida, estando vixente RD do estado de alarma".

Dende o centro, tendo en conta estas indicacións e co fin de respetar en todo momento a legalidade, esperaremos a que nos envien instruccións definitivas para actuar de acordo cos criterios establecidos.

Vimianzo 23-4-2020

 

INFORMACIÓN DE COMEDOR

Estimados pais/nais:

Comunícaselles que recibirán os impresos de comedor correspondentes ós 13 días de uso do mes de marzo por correo ordinario. Unha vez abonado o importe no banco, deben enviar a foto ou o xustificante de pago, onde se aprecie o selo bancario, ao correo electrónico do colexio (ceip.sanvicenzo@edu.xunta.es) para que teñamos constracia do pago.

Recordámoslles que para calquera dúbida poden chamar ao teléfono do centro en horario de mañá onde intentaremos axudalos.Sinto moito a molestias nestes momentos. Desexámoslles o millor e moito ánimo.

Un saúdo

A Dirección

 

* Na publicación que lle segue a esta actualizaranse periodicamente os contidos de traballo para cada curso.