Skip to Content

PONTECIENCIA 2021

As familias que desexedes participar en Pontenciencia 2021 na categoría de Ciencia en Familia! É moi sinxelo, só se trata de pensar nun tema que guste e/ou interese e deseñar unha investigación relacionada con el.

Poden participar familias con nenos/as que estuden calquera curso de primaria en calquera colexio público ou concertado do concello de Pontevedra.

Hai tempo para facer unha investigación chula en familia, xa que será o sábado 5 de xuño o día da celebración da Feira (na Escola de Forestais de Pontevedra), cando se exporán os traballos realizados.

 

A maiores estamos á vosa disposición se precisades calquera tipo de axuda ou orientación, neste mesmo correo electrónico ou no teléfono 606 128 293.

Aquí podedes acceder ao cartel informativo con interesantes vídeos con ideas e propostas de investigacións a través do código QR.

Animádevos a participar en Ciencia en Familia de Pontenciencia!!



page | by Dr. Radut