Skip to Content

ANPA

RELACIÓN DE CANDIDATURAS A REPRESENTACIÓN DE NAIS/PAIS NO CONSELLO ESCOLAR

Rematado o prazo de presentación de candidaturas para a elección de representantes de nais e pais do alumnado no Consello Escolar do CEIP Plurilingüe Santa Rita, así como o de reclamación contra as mesmas, a Xunta Electoral neste procedemento fai pública a relación de candidatos e candidatas por orde alfabética.

Segundo o establecido no Art.40 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG 9/8/1996) o número de representantes de nais e pais nestas elección de Renovación Parcial é de 3 persoas.

Lémbrase tamén que a xornada de eleccións para este sector será o vindeiro martes 23, de 16:15h a 18:30h, tal e como o recolle o calendario do proceso.

Distribuir contido


by Dr. Radut