Curso para a formación de mestres do CEIP PLURILINGÜE SANTA RITA GALDO - VIVEIRO.Creado conforme aos seguintes criterios:

1.- Na primeira sesión téntase familiarizar e facilitar o uso  da plataforma Webex de videoconferencia por ser a que proporciona a Consellería e permite que se conecten os alumnos co correo que facilita a Consellería. Aínda que existe outras plataformas que presentaremos na última sesión e que teñen outras ventaxas, as dificultades de seguridade e rexistro fainos decantar por esta. Asimismo tentamos a axilidade de comunicación coas nais/pais dos alumos a través do Abalar Web e Abalar móbil.
2.- Adicamos tres sesións ao uso da Aula Virtual e do EVA xa que son as ferramentas básicas para o ensino a utilizar no teletraballo, contando asimismo con ferramentas internas de comunicación e unha grande variedade de actividades e recursos así como a posiblidade de enlazar outros.
3.- Aínda que tanto outras plataformas de teleformación (Google Classroom..) como outras ferramentas de traballo on line ou almacenamento (Edpuzzle, Drive, Dropbox...), así como as plataformas de videoconferencia citadas precisarían unha formación aparte, adicamos a ultima sesión a informar da súa existencia e as posibilidades que teñen.