O luns 11 de setembro comeza un novo curso!
O horario deste mes de setembro é o seguinte:
9:30h a 14:30h sen comedor
9:30h a 15:30h con comedor e transporte
O alumnado de INFANTIL e o alumnado de 1º a 4º de Educación Primaria entrará e sairá pola porta principal do colexio.
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria entrará e sairá pola cancela verde do lateral.
O luns 11 de setembro as familias que desexen traer o paquete de folios o poderán deixar na entrada principal a partir das 10:00h, unha vez que entre todo o alumnado.
Con respecto ás merendas do recreo, continuase coas recomendacións do curso pasado:
LUNS: biscoito, paus de pan, galletas.
MARTES: froita
MÉRCORES: lácteo
XOVES: froita
VENRES: libre
O luns 11 de setembro o alumnado traerá merenda para o recreo e para a que podedes seguir as recomendacións de alimentos propostas polo centro.
O menú escolar para os primeiros días de curso publicarase no apartado de comedor para que poidades consultalo.
O menú escolar para este curso 2023-2024 en breve será publicado.