NAS SETAS

Os nenos e nenas de 6º de Primaria saímos ao monte para  coller setas e facer unha exposición no cole .

Mirade que ben o pasamos e canto aprendimos!!!

Nas setas on PhotoPeach

CORRELINGUA

CORRELINGUA

O DÍA 8 DE MAIO VIAXAMOS Á LUGO PARA PARTICIPAR NO CORRELINGUA.

CANDO CHEGAMOS DEMOS UNHA VOLTA Á MURALLA COS OUTROS COLEXIOS E DESPOIS, NA PRAZA DE SANTA MARÍA PARTICIPAMOS NO CANTALINGUA.

FOMOS A COMER AO CENTRO COMERCIAL "AS TERMAS".

CORRELINGUA on PhotoPeach

Día da Ábore 2012

Este ano plantamos un carballo no noso colexio.

Chámase XIGANTE!!!!.

Ben sabedes onde está, así que lembrádevos de facerlle unha visita e de regalo...

 

 

Xabier P Docampo na Fonsagrada

Xabier P Docampo on PhotoPeach

SEMANA DA PRENSA

VISÍTANOS XABIER P. DOCAMPO

  Como cada ano a comunidade educativa do CEIP Santa María de A Fonsagrada celebra a Semana da Prensa. Este ano tivemos o honor de recibir a visita de Xabier P Docampo. Os nenos/as do 2º e 3º ciclo fixéronlle moitas preguntas sobre diferentes aspectos da súa faceta literaria.

  Antes da visita de Xabier P. Docampo, os nenos e nenas de  3º ciclo durante este trimestre, na hora de ler, estivemos lendo o libro do autor: O Misterio das Badaladas,que, por certo, gustoulles moito.

  Foi unha mañá especial

ADMISIÓN DE ALUMNOS/AS PARA O CURSO 2012/2013

Comunicámosvos que o PRAZO DE SOLICITUDE (novas matrículas) de admisión para o  próximo curso será do 01 ao 31 de marzo ambos inclusive.Os interesados poden pasar pola Secretaría do Centro Escolar, en horario de 12:00 a 13:00, para recoller os impresos.

 Para máis  información  pinchade en SECRETARÍA

Viaxe a Lugo

O día 28 de novembro os nenos e nenas do 3º ciclo de Primaria desprazáronse á cidade de Lugo para disfrutar dun obradoiro e dunha exposición  de pintura  na Fundación Caixa Galicia, e pola tarde tiveron a oportunidade de ir ao cine.

Pasárono xenial e disfrutaron dun día espléndido

Excursión MAZONOVO - CASA MARQUÉS DE SARGADELOS

Hoxe,24 de novembro, os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de primaria disfrutarán dun día espléndido pola comarca dos Oscos - Eo,  ao mesmo tempo que aprenderán moitas cousas novas que logo nolas contarán. Agardamos impacientes

O NOSO COLE: CEIP SANTA MARÍA

       

Distribuir contido