Plan Director

Dentro do Plan Director, este ano tivemos unhas actividades moi especiais.

Comezamos con unha charla sobre Ciberseguridade impartida por Ramón Peña.

Despois tivemos unha exhibición do Equipo de rescate de montaña, Equipo de Rescate canino, Unidade Móbil de Atención ó Peregrino, antidisturbios, Científica, Motos, Tráfico co dron...

 

 

A nosa ovella.

Estamos montando unha granxa e temos unha ovella! 

Unha ovella moi especial...

 

Meli, a veterinaria.

Dentro do proxecto "Mestres Gandeiros" aprendemos moitas cousas sobre o coidado dos animais.

Desta volta, tivemos a Meli no noso cole dando unha charla e respondendo a tódalas nosas dúbidas.

Moitas grazas, Meli!

 

 

O noso pitiño...

A familia do CEIP Plurilingüe Santa María medrou! 

Agora somos un máis: o polo Charmander.

Naceu dun dos ovos que con moito agarimo estivemos incubando.

 

 

 

Fixemos queixo!

Ademáis de iogur, tamén fixemos queixo. 

Vaia experiencia!

 

 

E fixeron iogur..

O alumnado de 4º e 5º de Infantil, dentro do Plan Proxecta "Mestres Gandeiros", fixeron... iogur!!

 

Nutricoles

No noso colexio tivemos unha charla moi interesante sobre alimentación sostible dentro do programa Nutricoles.

Foi posible gracias á colaboración do GDR de Montes e Vales.

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO

PRAZO: ATA O 21 DE XUÑO DE 2023.

ORDE 10 DE MAIO DE 2023.

ANEXOS I e II.

RESUMO DA ORDE.

APLICACIÓN FONDO SOLIDARIO.

SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA.

CALENDARIO:

Publicación listaxe provisional na Secretaría do Centro: 3 de xullo.

Reclamación á listaxe provisional por escrito na Secretaría do Centro: 4 e 5 de xullo.

Publicación listaxe definitiva na Secretaría do Centro: 6 de xullo.

Entrega vales de libros de texto e material escolar: 6 e 7 de xullo de 10:00 a 14.00 h. ( De non recollelos nestas datas, as familias poderán recollelos en setembro.

A entrega dos libros pertencentes ao fondo solidario do centro realizarase en setembro.

As persoas solicitantes poderán acceder vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación FONDOLIBROS, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital. 

LETRAS GALEGAS 2023

Comunidade Educativa: Himno Galego.

LETRAS GALEGAS 2023

5º e 6º de Primaria: Teatro: "Coser e cantar".

Distribuir contido