Skip to Content

Curso 2012/2013

VISITA DO XEFE TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

19/02/2013 21:22
Africa/Addis Ababa

O 20 de febreiro, ás dez da mañán, recibiuse no Centro a visita do Xefe Territorial da Consellería de Educación, D. Indalecio Cabana. A visita estaba motivada polas reiteradas peticións que desde o Colexio se levan feito á esa Xefatura de cambiar a carpintería exterior do mesmo, por canto as ventás existentes son de tan ínfima calidade que non aíllan en absoluto, ocasionando un gasto excesivo en calefacción.

"NAVEGANDO CON RUMBO"

04/02/2013 13:00
04/02/2013 14:00
Africa/Addis Ababa

Un mestre de Riveira ofreceuse a impartir unha charla ao alumnado dos 2º e 3º ciclos de Primaria sobre a seguridade na rede.

Está aínda recente a charla impartida pola Garda Civil sobre esta temática, pero, neste caso, profundarase sobre as redes sociais.

Terá lugar na biblioteca do Centro, de 16:00 a 17:00 horas.

Coma sempre, poden asistir os pais, nais ou titores do alumnado que o desexen.

ACORDO DO CONSELLO ESCOLAR

INFÓRMASE que en reunión do Consello Escolar, celebrada o 21 do presente mes, acordouse solicitar ao Concello o arranxo do patio de recreo de Infantil.
Esta petición vén motivada polo deterioro do terreno no que se ubica, ocasionado, probablemente, pola acumulación de auga da chuvia sen ter esta unha vía de saída adecuada.
O Sr. Alcalde e o arquitecto do Concello xa estiveron comprobando as condicións nas que se atopa este espazo de recreo.

"OS RISCOS DE INTERNET"

Dentro do III Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar, o vindeiro mércores, día 16, terá lugar na biblioteca do Centro, unha conferencia, impartida pola Garda Civil, que tratará sobre os riscos de internet e, sobre todo, das redes sociais.

Está orientada ao alumnado do 3º ciclo de Primaria, e terá lugar ás 16:00 horas.

Baixo o mesmo título, esta temática seralle exposta aos pais e nais, ese mesmo día ás 17:30 horas.

COMPOSICIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

COMPOSICIÓN DO CONSELLO ESCOLAR TRAS AS ÚLTIMAS ELECCIÓNS

SECTOR DE PAIS/NAIS:

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Candidaturas presentadas ao Consello Escolar, según os distintos sectores:

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

No sorteo celebrado para compoñer a mesa electoral, sairon elexidos os seguintes membros:

a)- Vogais titulares para a mesa de pais e nais:
     José Luís Silva Triñanes
     Alberto Triñanes Sánchez
     Mª Teresa Pérez Dieste
     Mª del Carmen Fernández Suárez

Distribuir contido


  

by Dr. Radut