Skip to Content

REUNIÓNS COAS FAMILIAS PARA DAR A COÑECER AS MEDIDAS COVID NO CENTRO

Estimadas familias:

 

Convocámosvos ás familias de infantil e de primaria a unha reunión na BIBLIOTECA do centro, para informarvos das medidas adoptadas para o inicio das clases.

 

A esa reunión só pode asistir 1 ADULTO de cada familia.

O alumnado NON pode asistir.

Accederase ao centro con máscara.

Desinfectaremos as mans ó entrar e ó saír.

 

Convocaremos reunións para todos os niveis educativos. As familias con máis dun/ha fillo/a en primaria só terán que asistir a 1 reunión, xa que o contido será o mesmo para todos os niveis. 

A reunión coas familias de infantil terán outro contido xa que as medidas serán diferentes.

 

Se a alguén non lle ven ben o horario pode chamar ao centro para intentar cadrar horarios coas outras reunións de primaria.

 

As reunións son:

5⁰/6⁰ mércores 2 ás 12h

3⁰/4⁰ xoves 3 ás 12h

1⁰/2⁰ xoves 3 ás 18h

Infantil venres 4 ás 12h

Un saúdo 

 

O Equipo Directivo



  

story | by Dr. Radut