Skip to Content

FEIRA MEDIEVAL

Debido a inestabilidade do tempo, tomamos a decisión de suspender a feira medieval que estaba previsto realizar esta semana. Acordamos deixar esta celebración para a Semana Cultural, entre o 9 e o 16 de maio. Para daquela, confiamos en que pare de chover.

En calquera caso, este venres celebraremos o Entroido bailando a ritmo de karaoke e tomando o chocolate ao que nos invita a ANPA e os produtos típicos desta época.

Esperamos que todos os que poidan nos acompañen nesta festa escolar.



  

story | by Dr. Radut