Skip to Content

VISITA DO XEFE TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

19/02/2013 21:22
Africa/Addis Ababa

O 20 de febreiro, ás dez da mañán, recibiuse no Centro a visita do Xefe Territorial da Consellería de Educación, D. Indalecio Cabana. A visita estaba motivada polas reiteradas peticións que desde o Colexio se levan feito á esa Xefatura de cambiar a carpintería exterior do mesmo, por canto as ventás existentes son de tan ínfima calidade que non aíllan en absoluto, ocasionando un gasto excesivo en calefacción.

Durante a súa visita, estiveron tamén presentes o Sr. Alcalde D. Juan José Dieste, a Concelleira de Educación, Dna. Mª José Lorenzo e a presidenta da APA do Centro, Dna. María Outeiral.

O Xefe Territorial comprometeuse a solicitar presupostos -prioritariamente na zona- para poder realizar unha pequena parte da obra solicitada, en espera de poder continuala no futuro.



  

event | by Dr. Radut