Skip to Content

COMO AFRONTAR O FRACASO

As moedas teñen sempre dúas caras. Neste caso, o éxito e o fracaso son a cara e a cruz cos que hai que aprender a convivir porque forman parte da vida.

Aceptar os fracasos e as situacións adversas precisa unha aprendizaxe por parte dos pequenos que os pais podemos ensinar se seguimos unhas pautas:

1. Non darlle todo feito: se se lle facilita todo ao neno e non se lle permite facer as cousas por sí mesmo, é difícil que poida equivocarse e aprender, así, a enfrentarse ao fracaso.

2. Non ceder ante os seus berrinches: as situacións frustrantes derivan en moitos casos nas típicas perrenchas. Se os pais ceden, o pequeno aprenderá que esa é a forma máis efectiva de resolver os problemas.

3. Ser exemplo para os seus fillos: a actitude positiva dos pais á hora de afrontar as dificultades é o mellor exemplo para que os seus fillos aprendan a solucionar os seus problemas.

4. Educarlle no esforzo: é necesario ensinar ao neno que é necesario esforzarse; así aprenderá que o esforzo é, en moitas ocasións, a mellor vía para resolver algúns dos seus fracasos.

5. Marcarlle obxectivos razoables: hai que ensinar ao neno a tolerar a frustración poñéndolle obxectivos realistas, pero sen esixirlle que se enfrente a situacións que, pola súa idade ou madurez, sexa incapaz de afrontar.

6. Convertir a frustración en aprendizaxe: as situacións problemáticas son unha excelente oportunidade para que o pequeno aprenda cousas novas e as reteña. Desta forma, poderá afrontar por sí mesmo o problema cando se lle volva a presentar.

7. Ensinarlle a ser perseverante: a perseverancia é esencial para superar situacións adversas. Se o neno aprende que sendo constante pode solucionar moitos dos seus problemas, saberá controlar a súa frustración noutras ocasións.



  

story | by Dr. Radut