Skip to Content

IV SEMANA CULTURAL: "A NOSA RÍA, O NOSO MAR"

Co fin de consolidar unha proposta anual consistente na programación dunha "Semana" adicada a algún aspecto relevante da cultura galega e, en especial, do patrimonio cultural do noso Concello, programamos a IV Semana Cultural, adicada este ano ao Mar.

Pretendemos relacionar a actividade empresarial desenvolvida por Valentín Paz Andrade, persoeiro ao que se lle adican este ano as Letras Galegas, co ámbito económico máis importante do noso Concello: o mar e os oficios e as empresas que del se derivan.

Da man de distintos profesionais aprenderemos cousas sobre a pesca de baixura, o sector mexilloeiro, o marisqueo e o sector conserveiro.

Manteremos aberta ao público unha exposición das diferentes artes e apeiros empregados no mar. O material para a mesma foi cedido polas familias do alumnado e pola Asociación Cultural "A Gamela".



  

story | by Dr. Radut