O coñecemento da propia boca, o nome dos dentes, o seu número, as moas, cando nacen, cando soe empezar a visita do ratiño Pérez....O super, super-importante que é cepillar os dentes tres veces ao día, cómo cepillarnos, o uso do fluor...O perigo de comer moitas chucherías....Ata cando usar o chupete, pasar do biberón aos alimentos masticados... Cando debemos facer a primeira visita ao dentista...
Todo isto e moito máis foi obxecto dunha charla que a doctora Elba Freire, dentista de Noia, impartiu ao alumnado, repartido en dous grupos: primeiramente, os máis pequenos -Infantil e 1º ciclo de Primaria- e, despois, os restantes. Elba e as súas colaboradoras conseguiron manter extraordinariamente ben a atención do alumnado durante a exposición dos contidos.
Ademais de aprender un montón de cousas sobre cómo deben coidar a boca, todos sairon cun agasallo que a propia Elba traía para eles.
Este tipo de colaboracións desinteresadas entre diferentes profesionais e os centros educativos resultan sumamente interesantes e contribuen á apertura da escola ao exterior.