Skip to Content

CAMPAMENTOS DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA-OUTONO 2011

En maio do curso pasado, Maryem, a mestra de Inglés, elaborou un proxecto para poder participar nos Campamentos de Inmersión Lingüística que convoca o Ministerio de Educación.

En agosto, no Colexio, recibiuse a comunicación de que o Proxecto fora seleccionado -hurraaaaa!!!!!!!!!!!!!!!-, e que ao noso Centro lle correspondía unha semana de estancia en Celorio -Asturias-, do 20 ao 26 de novembro.

En setembro chegou ao Cole unha nova teacher, diferente de Maryem, porque é máis pequeniña, ten o pelo longo, pero igualiña ca ela no carácter e, sobre todo, nas ganíííísimas de traballar.

                     BENVIDA AO NOSO COLE, TEACHER NATALIA!!!!!!

A profe Maryem este curso está destinada no CEIP. de Galán, en A Coruña.

Coa nova teacher empezamos a traballar duramente no Proxecto. Por certo, o tal Proxecto trata da auga, a terra, a flora, a fauna e o impacto humano na contorna.

Chegado o 20 de novembro saímos no autobús, acompañados de Natalia e Lydia, que foron as nosas profes e as nosas mamás durante a semana.

Celorio é un pobo costeiro, bañado polo Mar Cantábrico, que pertence a Llanes, na provincia de Asturias.

Alí, empezamos a traballar dende o primeiro día. Distribuíronnos en equipos e comezamos a investigar acerca da temática do noso proxecto. Os grupos levaban nomes de países: Australia, Irlanda, USA, Nova Zelanda e África do Sur. Por todo o traballo feito déronnos un diploma.

Tamén nos levaron de excursión ao Xardín Botánico e ao Parque Xurásico. Pasámolo fenomenal e aprendemos moito.

Queremos darlle as grazas á profe Maryem, aos profes de Celorio, a Natalia e a Lydia e a todos os profes do noso Cole.

Pódense ver moitas fotos da nosa estadía en Celorio no álbum desta páxina web.

                                                                                                  Alumnado de 6º



  

story | by Dr. Radut