Chega o Samaín

Un ano máis a APA do Centro convocou o concurso de cabazas polo Samaín. O alumnado participou con auténticas "esculturas" que fixeron que a labor de xulgar cáles serían as gañadoras resultase complicada.

Zoe Figueira (3 anos) gañou con "Potato"; Lucía Figueira (4 anos) conseguíu o premio con "Purpurina"; a Carlos Torrado (5 anos) a súa "Bruxiña" tamén lle trouxo a sorte. En Primaria, Martín Gómez (1º ciclo), con "Ojitos saltones", Alba Domínguez (2º ciclo), cun "Pavo real" e Adriana Diéguez (3º ciclo), cunha parella de "Cubanos", resultaron os gañadores. A Xiana Pérez, o xurado concedeulle unha mención especial.

A Presidenta da APA agradeceulle a todos e todas a súa participación. Xaquín, o conserxe, organización unha mostra/exposición con todas as cabazas na entrada do recinto escolar.