Comediantes por un día

O animador sociocultural Cristian Rodríguez, alumno en prácticas no Centro Social de Boiro, pasou unhas horas co alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria dando a coñecer o proxecto  que, sobre o teatro, pretende desenvolver de novembro a marzo. Coa pretensión de animar aos rapaces a que entren en contacto co mundo do teatro, realizou varias actividades con eles, resultando moi entretido e divertido.

No Colexio xa vén funcionando unha aula de teatro, organizada pola APA e dirixida pola artista local Marta Ríos.

Na Aula de Teatro na que está implicado Cristian participarían rapaces e rapazas de 10 a 16 anos.