Almorzos saudables

 

Durante a semana do 4 ao 7 de outubro leváronse a cabo os Almorzos saudables. Participou todo o alumnado, dende os máis pequerrechos -de 3 anos- ata os máis grandes -de 6º de Primaria-.

Antes do almorzo propiamente dito, todos visualizamos unha presentación en Power Point na que se recollían os alimentos que entran nunha dieta saudable, a importancia de facer un almorzo completo e valoramos o almorzo que vimos facendo cada quen, cada día.

Estas xornadas, que en principio supoñen unha festa, serven para correxir e mellorar os hábitos alimentarios da poboación escolar.