Skip to Content

A crise de valores e a falta de interese preocupa ao profesorado

Nun informe que publica un sindicato do ensino sobre o perfil do profesorado e os seus intereses, resáltase que a crise de valores e a falta de esforzo e interese do alumnado son dous dos problemas que máis preocupan aos docentes, aos que se suma a falta de apoio das familias e a burocratización da Ensinanza.

Noutros artigos publicados na prensa diaria e especializada podemos ler a miúdo casos de violencia entre os alumnos, de estes cara ao profesorado, dos pais cara ao profesorado...

Celebramos o día da Paz, hai un servizo de orientanción nos Centros, moitas horas adicadas a tutorías por parte do profesorado e, sen embargo -e sen pretender xeralizar- hai crise de valores e pouco esforzo e interese.

O equilibrio entre escola e familia é fundamental. É necesaria a implicación máis forte dos pais na educación dos seus fillos. A familia ten que ser a encargada de darlle aos nenos que e nenas unha educación baseadaen valores que saquen o mellor de cada un. Hai que volver a poñer de moda a cultura do esforzo e as "boas formas".

Como se fai? Facendo cousas tan simples como léndolles un conto, controlando o seu consumo televisivo, mirándolle de vez en cando os cadernos da escola, animándoos a crear uns hábitos de estudo, falando periódicamente co profesorado, interesándose pola vida escolar... E tamén, dándolle responsabilidades na casa, esixíndolle uns resultados académicos - na medida das súas posibilidades-, compremeténdonos na organización do seu tempo de ocio... E todo iso, aliñado cunha dose de cariño, de diálogo, de xogos, de risas, de interese, de respeto... En definitiva, conciendiándonos de que unha boa formación é a mellor herdanza que lle podemos deixar aos fillos.

A Orientadora.



  

story | by Dr. Radut