Skip to Content

Seguridade no correo electrónico

Recomendacións para previr o phishing no correo electrónico

O correo electrónico é unha das vías máis frecuentes pola que os cibercriminais tentan suplantar unha identidade coñecida, co obxectivo de que a vítima faga clic nunha ligazón maliciosa, descargue un ficheiro adxunto con malware, envíe información sensible ou realice un pago fraudulento.

 

As seguintes recomendacións axudaranche a detectar correos potencialmente perigosos e non caer nas trampas dos cibercriminais:

- O servizo de correo corporativo identifica os correos que chegan do exterior con alertas visibles ao comezo das mensaxes. Estas alertas deben ser a primeira chamada de atención para aumentar a precaución:

- É importante ser especialmente cauteloso/sa se ademais se inclúe unha segunda alerta na que se indica que non se puido verificar a identidade do remitente, posto que neste caso existen indicios de que o remitente que se observa no campo "De" podería estar sendo modificado de xeito fraudulento:

- As técnicas de engano están en evolución permanente, por iso é moi importante pararse a reflexionar e comprender o que se está pedindo na mensaxe, analizando os riscos que poden supoñer o que se solicita (roubo de información, pagos erróneos, apertura dun arquivo malicioso etc.).

 

- Débese desconfiar sempre de todo aquilo que se salga do habitual, como mensaxes nas que se pide realizar accións dun xeito excepcional, con urxencia, adulacións, ameazas etc.

 

- A inclusión de ligazóns e ficheiros adxuntos maliciosos nas mensaxes é unha técnica habitual dos ciberdelincuentes.

 

- En caso de existir a máis mínima dúbida dunha mensaxe ou a súa procedencia, contacta co remitente por outro medio distinto do correo electrónico.

 

- É moi importante informar ao teu Centro de Atención a Usuarios cando se sospeite dun phishing. A seguridade é cousa de todos/as!

Lembra que podes atopar máis información e consellos sobre ciberseguridade e protección de datos no portal ciberseguridadegalicia.gal

 

por correo electrónico
uac@edu.xunta.gal

ou por teléfono
UAC - 881 99 77 01



story | by Dr. Radut