Skip to Content

DIFUSIÓN

FESTA DE CEBOLA DE TEIS. 9 DE ABRIL

O CEIP San Salvador ten a honra e a responsabilidade de selo garda da semente do ceboliño de Teis, e dicir, de producir e custodiar a semente dun ano para outro.

Para este fin o colexio  pon a disposición da comunidade  espacio apto para o cultivo da cebola, cede as súas instalacións e medios para as charlas e colabora ca organización do evento  FESTA DA CEBOLA DE TEIS no coñecemento  e posta en valor por parte das xeracións vindeiras das variedades vexetais e o seu cultivo tradicional ante o risco que corren debido o cambio climático.

As actividades que realizamos  son as seguintes: preparación dos bancais e mesas de cultivo, visita do alumnado ás hortas dos produtores seguindo o plano da organización para recoller o ceboliño, difusión e promoción do evento mediante cartelería e páxina web, unha exposición fotográfica  alusiva e o cultivo o día da festa no recinto do cole.

ADXUNTAMOS O PROGRAMA DA FESTA

Distribuir contido


by Dr. Radut