Guardar

BOSQUE, HORTO, RECICLAXE, DIFUSIÓN, VOZ NATURA

A horta escolar do San Salvador

Somos un colexio responsable co medio ambiente, respetuoso coa nosa contorna. Estamos inscritos na Rede de Hortas Escolares e tamén en Voz Natura, no cal xa fumos premiados. 

CAMIÑANDO O NOSO BARRIO

PERCORRIDO QUE FIXERON OS ALUMNOS DA AULA DE RELIXIÓN DE 5º E 6º DE PRIMARIA PARA COÑECER UNHA PEQUENA PARTE DOS REFERENTES ETNOGRÁFICOS CON CARÁCTER RELIXIOSO DO NOSO BARRIO; PARTE DA NOSA HISTORIA E TRADICIÓNS.

 

A RIOUXA O NOSO BOSQUE. OS CAMBIOS...

Ola, familias, como xa sabedes, o pasado curso estivemos a estudar e coñecer o Parque da Riouxa. Descubrimos que baixo o noso cole temos o CASTRO DO SINO, organizamos actividades de PADRIÑOS LECTORES (colaboración co IES de TEIS), fixemos TAREFAS DE LIMPEZA E CONSERVACIÓN e marcamos unha SENDA BOTÁNICA para que todos poideran coñecer as súas árbores. ¡Canto traballo!

Pero, a volta das vacacións, atopámonos con que algún destes traballos estaban danados ou destruidos. Aquí vos deixamos este vídeo, elaborado por Jose, que debe servirnos para reflexionar e apostar polo coidado da natureza e dos nosos lugares. É unha obriga coas vindeiras xeracións. Grazas a Jose e a todos os que traballastes para mellorar A RIOUXA, O NOSO BOSQUE.

VIDEO RESUMO PROXECTO VOZ NATURA 2017

 VIDEO RESUMO DO ANO VOZ NATURA

Resultado de imagen de FOTO VOZ NATURA 2017

NORABOA

FESTA DE CEBOLA DE TEIS. 9 DE ABRIL

O CEIP San Salvador ten a honra e a responsabilidade de selo garda da semente do ceboliño de Teis, e dicir, de producir e custodiar a semente dun ano para outro.

Para este fin o colexio  pon a disposición da comunidade  espacio apto para o cultivo da cebola, cede as súas instalacións e medios para as charlas e colabora ca organización do evento  FESTA DA CEBOLA DE TEIS no coñecemento  e posta en valor por parte das xeracións vindeiras das variedades vexetais e o seu cultivo tradicional ante o risco que corren debido o cambio climático.

As actividades que realizamos  son as seguintes: preparación dos bancais e mesas de cultivo, visita do alumnado ás hortas dos produtores seguindo o plano da organización para recoller o ceboliño, difusión e promoción do evento mediante cartelería e páxina web, unha exposición fotográfica  alusiva e o cultivo o día da festa no recinto do cole.

ADXUNTAMOS O PROGRAMA DA FESTA

PREPARANDO OS BANCAIS

O ALUMNADO DE INFANTIL 3 E 4 ANOS PREPAROU O SEU BANCAL  E O ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA XA FIXO AS SÚAS PRIMEIRAS PLANTACIÓNS.

SENDA BOTÁNICA COS ALUMNOS/AS DE 3º DE PRIMARIA

O ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA MARCOU A SENDA BOTÁNICA DA RIOUXA.

 

                                         

SENDA BOTÁNICA DA RIOUXA

O MARTES ELEXIMOS AS ÁRBORES QUE FORMARÁN PARTE DA NOSA SENDA BOTÁNICA.

 

VISITA A RIOUXA INFANTIL 3 E 4 ANOS

O ALUMNADO DE 3 E 4 ANOS VISITAN A RIOXA POR PRIMEIRA VEZ DENTRO DO PROXECTO A RIOUXA O NOSO BOSQUE, O PASARON FENOMENAL.

RECOLLERON UN MONTÓN DE FOLLAS E FROITOS DO OUTONO QUE CLASIFICARON NA CLASE.

MIRADE QUE BEN O PASARON.

 

Powered by Drupal - Design by artinet