Skip to Content

ÚLTIMA SEMANA DO CURSO 2019-2020, DO LUNS 15 AO VENRES 19 DE XUÑO

Ola familia, aquí estamos comezando a última semana deste curso 2019-2020 que ten un final tan excepcional. Deixovos a continuación as últimas propostas de actividade. 

 

PROPOSTAS DE LÓXICA: ENIGMAS CON SUMAS E RESTAS.

Propóñovos dous enigmas, un máis fácil e outro máis difícil.

1. COLOREAR CON SUMAS E RESTAS: No primeiro temos que facer as sumas que aparecen no debuxo para saber de que cor teremos de colorear cada parte. O podedes imprimir ou simplemente facer as sumas para saber a que cor se corresponde cada parte e logo colear no ordenador ou na tablet usando un programa tipo Paint. Ou podedes facer so as sumas polo pracer de dar co resultado.

So con sumas.

 

Con sumas e restas:

 

Tendes estas imaxes nesta ligazón por se queredes descargar estas e outras deste estilo. Ou poñendo no buscador a dirección que ven nas imaxes.

2. ENIGMA CON SUMAS. Aquí tendes xa unhas sumas máis complicadas. Se vos gustan e queredes máis atoparedelas nesta ligazón a orientacionandujar.es. Eu vos recomendo usar as regletas para facer estas sumas escondidas. Xa me contaredes!

 

PROPOSTA DO OBRADOIRO DE EXPERIMENTOS: O OLLO QUE NON VE.

Este experimento é unha idea do blogue conpequesnacasa. Espero que vos guste. Premendo no nome do blogue ou na foto ides ao paso a paso.

 

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES SENSORIAIS E MANIPULATIVAS: MINIMUNDOS CON BOLAS DE HIDROGEL

A xa famosa por aquí nai do blogue de diverbichillos nos propón usar bolas de hidrogel para facer unha mesa sensorial ou un minimundo do máis tactil. Estas bolas cando as mercamos son moi pequeniñas, temos que hidratalas deixandoas en auga, seguindo as instruccións. Se vos animades mandade algunha foto!

 

 
 
 
Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de DiverBichillos (@diverbichillos) el 15 Ene, 2020 a las 2:36 PST

 

 
 
 
Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de DiverBichillos (@diverbichillos) el 8 Jun, 2020 a las 2:43 PDT

 

PROPOSTA DE MEDIOAMBIENTE: REDUCIR O PLÁSTICO DUN SO USO NAS NOSAS MERENDAS.

Aquí vos deixo, como vos prometín, as miñas proposta para unhas merendas na escola máis sostibles, a ver se coincidimos!

 

BOTELLA DE PLÁSTICO DE AGUA MINERAL

BOTELLA METÁLICA OU DE PLÁSTICO REUTILIZABLE. PODEDES RECHELA CON AUGA DA BILLA OU CUN BOTELLÓN DE AUGA MINERAL.

 

BOCADILLO ENVUELTO EN PAPEL DE ALUMINIO

FIAMBREIRA METÁLICA QUE PODE OU NON TER VARIOS COMPARTIMENTOS. OU A DE ABAIXO.

 

ZUMO EN TETRABRICK CON PAJITA DE PLÁSTICO

ZUME DE BRICK GRANDE (OU MELLOR NATURAL, OU AÍNDA MELLOR BATIDO DE FROITAS ) NUNHA BOTELLA REUTILIZABLE METÁLICA OU DE PLÁSTICO, COMO A DE ARRIBA. PODEMOS PRESCINDIR DA PALLIÑA OU USALAS DE SILICONA REUTILIZABLES (LÍMPANSE CON CEPILLIÑOS TIPO LIMPAPIPAS QUE SOEN TRAER NA CAIXA)

 

BOCADILLO ENVUELTO EN PLÁSTICO

FIAMBREIRA DE PLÁSTICO, CON OU SEN COMPARTIMENTOS. OU A METÁLICA DE ARRIBA.

  COMPRAMOS UN PAQUETE GRANDE E METEMOS AS TORTIÑAS OU GALLETAS NUNHA FIAMBREIRA COMO AS ANTERIORES. OS QUEIXIÑOS OS SUTITUIRÍA POR PORCIÓNS DUN QUEIXO GRANDE TAMÉN EN FIAMBREIRA.

 

PROPOSTA DE DEBUXO, LECTOESCRITURA E XOGO EN FAMILIA: PICTIONARY CASEIRO.

Supoño que xa coñecedes este xogo, consiste en facer unhas tarxetas con nomes de obxectos, accións, elementos naturais, ... ou o que se vos ocorra. Logo as baraxamos e imos por turnos de un en un collendo unha tarxeta. A lemos e logo temos que facer o debuxo do que hay escrito, o resto de xogadores/as teñen que adiviñar o que estamos debuxando. Por suposto non podemos falar.

 

 

PROPOSTA DE LECTOESCRITURA: ENIGMA DAS INICIAIS.

Hai dúas semanas tivéchedes que adiviñar algunhas palabras a través das letras iniciais dalgúns xoguetes e obxectos da casa. Hoxe vos propoño descifrar esta frase de despedida do curso que vos deixo aquí. Para algúns/has será difícil ir lendo as palabras que nos saen,pero podedes axudalos con esa parte. O máis interesante sería que eles e elas intentasen descubrir cal é a primeira letra de cada un destes debuxos, a escriben e así irán saíndo esa mensaxe oculta. Logo, se fai falla, xa lles axudades vós a ler o contido da mensaxe secreta.

Un grande aperta a todos/as!

 



page | by Dr. Radut