AS NOSAS PALABRAS- LETRAS GALEGAS 2020

Ola a todas e todos!!

 

Xa chegou a semana das nosas Letras! É unha mágoa que non podamos celebrala xuntos pero farémolo en Outubro e será xenial! 

 

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua queremos propoñervos unha actividade para esta semana:

ESCOLLER A VOSA PALABRA FAVORITA EN GALEGO. Unha vez que a decidades, podedes facer dúas cousas:

 

- Unha foto da palabra, escrita nun folio, debuxada, decorada...

- Unha gravación vosa dicindo "A miña palabra favorita é..."

 

O que prefirades!  Cando o teñades, podedes mandalo ao correo do EDLG

 

spvdinamizacion@gmail.com

 

Esperamos as vosas aportacións ATA O XOVES, DÍA 14 DE MAIO.

 

 

Moitas, moitas grazas pola vosa colaboración!

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet