XOGOS ONLINE PARA PRIMARIA

Ola a todas e todos!

 

De cara á fin de semana, deixámosvos os enlaces a unha serie de xogos cos que pasaredes un rato ben divertido!

 

A primeira proposta é don Miro Ramiro co que podedes xogar ao aforcado, nunha versión do San Xoan. Conseguiredes salvar ao Meco?

 

https://www.edu.xunta.es/xogos/aforcado/aforcado.html

 

 

A este outro xogo que vos propoñemos podedes xogar de xeito individual ou en grupos. Chámase "O Preguntoiro" e pon a proba os vosos coñecementos sobre un montón de temas.  Quen será o máis sabichón ou a máis sabichona? ;)

 

http://www.edu.xunta.es/preguntoiro/

 

 

E por último, un xogo para as máis pequenas e pequenos de Primaria. Con Fervello e os seus amigos podedes vivir unha aventura que vai por a proba moitas cousas que levades aprendidas neste curso. 

 

http://www.edu.xunta.es/xogaconfervello/

 

 

Esperamos que pasedes unha boa fin de semana!

 

Moito ánimo! ESTADES A FACELO TAN BEN QUE XA QUEDA MOITO MENOS!

Powered by Drupal - Design by artinet