Skip to Content

APERTURA DE PRAZO PARA A COLABORACIÓN DE COMEDOR ESCOLAR. CURSO 2022/23.

Anuncio da apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do CEIP San Miguel de Reinante Barreiros como colaboradores/as voluntarios/as nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2022-2023.

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro que desexen, ao longo do curso 2022-2023, colaborar nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión cubrindo a solicitude adxunta (dispoñible tamén na Secretaría do centro) e presentándoa no centro.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2022, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2022.

Durante o curso escolar 2022-2023 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 

No caso de ser seleccionados polo Consello Escolar para o posto, deberán achegar a seguinte documentación:

  • Carné de Manipulador/a de alimentos (emitido con data 24/06/2015 ou posterior)
  • Certificación do Rexistro Central de delincuentes sexuais que acredite non ter sido condenado/a en sentencia firme por delitos sexuais.
  • No caso de ser estranxeira, deberá achegar ademais un certificado negativo de antecedentes penais do seu país de orixe ou de onde é nacional, traducido ao galego ou castelán e legalizado de conformidade cos Convenios Internacionais en vigor, sempre respecto dos delictos aos que se refire o artigo 13.5 da Lei Orgánica 1/1996.
  • Copia do NIF/NIE.
  • Certificación acreditativa dunha entidade financieira onde dispoñan de conta, aos efectos de poder realizarlles os correspondentes pagamentos.

 

INFORMACIÓN FIN DE CURSO 21/22

 

CIRCULAR FIN DE CURSO

 

 

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 Publicada a convocatoria para a solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquirir libros de texto e

material escolar.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN: ATA O 22 DE XUÑO. A entrega presencial de documentación no centro realizarase en horario de

secretaría:

                  - Luns: de 11:10 a 14:00 h.

              - Martes: de 13:00 a 13:45 h.

              - Mércores e venres: de 11:10 a 12:00 h.

 

Nos arquivos adxuntos atoparedes toda a información sobre o proceso e os Anexos I e II para imprimir.

 

ENLACE Á APLICACIÓN "FONDOLIBROS".

 

 

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL ADMISIÓN ALUMNADO 2022/2023

A totalidade do alumnado que presentou solicitude de admisión para o vindeiro curso escolar obtivo praza neste centro educativo.

 

A listaxe provisional pódese consultar:

 

- Presencialmente: No taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

- Telemáticamente: A través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS: antes do 15 de maio.

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: do 20 ao 30 de xuño.

 

 

 

 

SOLICITUDE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022/23

Aberto o prazo de admisión para novo alumnado para o vindeiro curso 2022/23.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Do 1 ao 21 de marzo.

 

FORMAS DE PRESENTACIÓN:

  • A través da aplicación admisionalumnado usando certificado dixital ou Chave365.
  • Na Secretaría do centro.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS: Luns 7 de marzo ás 16:30 horas.

 

MODELO DE SOLICITUDE

(Dispoñible nos arquivos adxuntos, na aplicación admisionalumnado ou na Secretaría do centro)

 

Para calquera dúbida ou consulta podedes contactarnos nos telefonos 982 87 00 85 ou 982 87 00 86.

Tamén no email ceip.sanmiguel.reinante@edu.xunta.gal

 

Toda a información nos seguintes arquivos:

 

 

 

INFORMACIÓN DO CENTRO AQUÍ

 

 

 

 

 

 

ENTROIDO 2022

PROTOCOLO PARA A DETECCIÓN DE INFECCIÓN POLO SARS-CoV-2 CON TEST RÁPIDO DE ANTÍXENO EN SALIVA EN CENTROS DE EDUCACIÓN PRIMARIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública saca un protocolo para a detección do covid mediante o cribado con test de antíxenos nos centros educativos dirixidos ao alumnado de Ed. Primaria.

Para ver premer AQUÍ.

SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRIPCIÓN

 Dirixida ao alumnado de 6º de Educación Primaria que pasará ao IES no vindeiro curso 2022/2023.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.

 

Para presentar unha solicitude, poderase facer das seguintes maneiras:

 

-  Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica. Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberase acceder á aplicación admisionalumnado con usuario de Chave365 ou con certificado dixital. Nos arquivos adxuntos atoparedes un manual para as familias.

 

- Cubrir a solicitude informaticamente na aplicación admisionalumnado e presentala asinada de xeito manual na Secretaría do centro.

 

- Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente na Secretaría do centro. Podedes descargar o impreso ED550A nos arquivos adxuntos.

 

Para calquera dúbida ou aclaración podedes poñervos en contacto co centro no teléfono 982 87 00 85.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut