Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Domingo Xaneiro 01, 2012

 

Para ir poñéndovos ao día, colgamos as fotos das actividades e celebraciós do primeiro trimestre.

Disfrutamos dun magosto cheo de chourizos, costela, bica con chocolate e moitas castañas.Botáronse a bailar os peóns pola mañá  e no patio xogouse  moito máis do habitual. As familias tamén compartiron con nós esa tarde e algúns e algunhas puxéronse coma o carbón. Botade un ollo ás fotos e lembrade aquel día.

 

fogueira

 

 

Este ano, por primeira vez, 24 valentes correron no San Martiño de Ourense. O mestre de educación física participou con:

  • Sabela (3º)
  • Uxía (3º)
  • Claudia (3º)
  • Clara (4º)
  • Pedro (4º)
  • Marta (5º)
  • Uxía (6º)
  • Carlos (6º)
  • Alba (6º)
  • Iván (6º)
  • Yann (6º)
  • Abraham (6º)
  • Eduardo (6º)
  • Sonia (6º)
  • Amelia (6º)

Fíxéronno estupendamente! 

 

 

O profe  de educación física organizou durante os recreos da mañá unhas competicións deportivas  nas que participou case todo o alumnado do cole. Fútbol, baloncesto e floorball  foron as disciplinas nas que se fixeron todos uns expertos.

 

 

 

 

Levouse a cabo nas datas previas ao  Nadal a campaña coñecida como “Operación Kilo”.
Resulta moi triste ler as seguintes noticias: 

  • Cerca de 30.000 familias con nenos/as pasan fame en España
  • Segundo a ONG Unicef, en España, viven máis de 2.000.000 de nenos e nenas en situación de pobreza
  • Hai nenos/as cuxa única comida diaria é a que fan no comedor do colexio

Por iso, entre todos conseguimos reunir nada máis e nada menos que 3 caixas repletas de alimentos que foron entregadas ao Banco de Alimentos de Ourense.
Desde o centro queremos agradecer aos pais e nais a súa colaboración desinteresada.
Do mesmo xeito así o manifestou  o Banco de alimentos na carta que enviaron ao colexio:

 

 

Un ano máis o festival de Nadal despídenos ata o ano novo. A pesares de ser o 21-12-12 todo saíu segundo o esperado e pasámolo xenial.

Distribuir contido


by Dr. Radut