Festival de Nadal

          Pois chegou o momento de celebrar o Nadal e, como todos os anos   nós tamén o queremos celebrar cos compañeiros cos que pasamos   tantas horas durante o curso.

 Coma sempre, xuntámonos para cantar, bailar, actuar … en fin, facer unha pequena festa que nos sirve tamén de despedida porque marchamos de vacacións ata o ano que vén!!!

Novidades na biblioteca

 

     Neste primeiro trimestre mercamos unha chea de libros para a biblioteca. Sabemos que cada ano van cambiando as inquedanzas e as necesidades e por iso non podemos deixar de traer máis e máis novidades para que todos gocedes de este espazo que é voso.

 

Andaina polo camiño

       E  como este curso traballamos sobre o camiño inglés… alá fomos a facer un cachiño do  camiño. E fomos todos!! Dende os de tres ata os de sexto!!

       Foi a nosa primeira mini-aventura!! Acabamos a nosa andaina no Mesón no camiño onde tivemos un excelente recibimento.

Samaín e Halloween

 Como ben sabedes acabamos de celebrar a arrepiante festa de Halloween e Samaín e, coma sempre, non podemos facer máis que darvos as máis expresivas grazas pola vosa colaboración. Cada ano sorprendédesnos máis co voso traballo, coa vosa entrega e coa vosa imaxinación. 

Este ano o nivel, de novo, subiu e subiu. GRAZAS!! Sen todos vós isto non sería posible.

Xa estamos de volta!!

Ola a tod@ s e benvidos de novo a esta vosa casa.

O verán pasou nun suspiro e xa estamos aquí outra vez cargados de enerxías renovadas e preparados para facer unha chea de cousas novas.

Ata pronto!!

                                                             

Powered by Drupal - Design by artinet