Skip to Content

Benvid@s á web do CEIP Sanjurjo de Carricarte.

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO

 NO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN 2021-2022

 

 

 


 

 

 

NOVAS SOBRE O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

 

 


 

 

CONVOCATORIA DE BECAS DE COMEDOR

PARA O PRÓXIMO CURSO

 

O 30 de marzo de 2021 publicáronse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña as bases para a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2021-2022.

 

O prazo para a presentación de solicitudes será do 5 ao 30 de abril, ambos incluídos.

 

Os impresos facilitaranse nas oficinas dos rexistros municipais e estarán tamén dispoñibles na sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es). 

 

A solicitude específica e os anexos, debidamente cubertos e asinados, e o resto de documentación exixida na convocatoria poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

Todos os listados (requirimentos de corrección, listas provisionais e definitivas…) identificarán a solicitude do menor atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial.

 

NOTA: Este ano, entre outros requisitos para acceder á bolsa, o/a alumno/a solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido. Naqueles casos que por imposibilidade legal non dispoñan de ningún dos documentos anteriores, poderán presentar unha instancia no rexistro solicitando a cobertura do gasto de comedor con outro recurso, que será valorado polos equipos técnicos especializados.

 

 

 


 

 

 

NOVAS SOBRE O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

 

 


 

CURSO 2020/21.

Xornada de portas abertas

 

Debido a situación sanitaria que estamos a vivir e as restricións actuais, as Xornadas de Portas Abertas para o vindeiro curso escolar non poderán ser de maneira presencial.

O horario do centro é de 9:00 ata as 14:00 horas. Contamos con servizo de madrugadores dende as 7:30 h ata as 9:00 h. O comedor está dentro do centro recentemente reformado cun horario de 14:00 ata 16:00 h. 

Contamos con actividades extraescolares dende as 16:00 ata as 18:00 h.

Está composto por 3 grupos de infantil e 6 de primaria.

Temos aula de psicomotricidade dentro do centro, biblioteca e aula de informática reformada, salón de actos e ascensor.

Na nosa biblioteca "Xanela" facemos contacontos, dramatizacións, temos servizo de préstamos de libros, lecturas en voz alta. 

En canto as especialidades temos música, educación física, pedagoxía terapéutica, audición e linguaxe e orientación.

Relixións católica e evanxélica.

Temos coidadora, conserxe e persoal de limpeza.

Local da ANPA

Pabillón polideportivo. Xestionado pola Consellería empregándose nas clases de Educación Física e extraescolares.

Participamos en proxecto  Abalar, Proxecto O Noso Patio e Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares e Radio na escola.

Para calquera dúbida chamar ao teléfono de centro 981202120 ou no correo ceip.sanjurjo.carricarte@edu.xunta.gal. Agardamos resolver todas as vosas dúbidas e inquedanzas.

Quedamos a vosa disposición

O Equipo Directivo.

 


 

 ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2020/21.

 Prazo de presentación de solicitudess do 01 ata o 22 de marzo.

  •  Na secretaría do centro con cita previa.
  • O formulario  ED550B poderá recollerse en secretaría ou descargarlo na web do centro APARTADO SECRETARÍA.
  • Antes do 26 de abril Publicación de provisionais admitidos e non admitidos. Reclamacións 5 días hábiles.
  • Antes do 15 de maio publicación definitiva de admitidos e non admitido.
  • O alumnado admitido no Centro formalizará a súa inscrición na Secretaría do 20 ao 30 de xuño.
  • Oferta de postos escolares dispoñibles.

 

Curso Educación Infantil

Cursos de Educación Primaria

Postos dispoñibles

Neae (1)

Postos dispoñibles

Neae (1)

3 anos     22

4 anos     6

5 anos     0

3

0

0

Primeiro        0

Segundo       0

Terceiro        0

Cuarto          0

Quinto          2

Sexto            0

0

     (1)Postos escolares a disposición da comisión de escolarización de alumnado neae (art.3 da Orde do 12 de marzo de 2013)

 

Atentamente

DIRECCIÓN 

 

 

O LUNS  11 DE XANEIRO COMEZA A RESERVA DE PRAZA, CAMBIO DUN CENTRO A OUTRO A QUE SE ESTÁ ADSCRITO. PODESE ENTREGAR ONLINE OU NO CENTRO PERO DEBE SOLICITAR CITA PREVIA.

ORDE de 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centro docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 21 ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación 8codigo do procedemento ED550A e ED550B).

A ATENCIÓN DAS NAIS/PAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO DE SEXTO CURSO DE PRIMARIA.

O CEIP Sanjurjo de Carricarte esta adscrito ao IES Adormideras.

O noso alumnado ten prioridade para matricularse nese Instituto.

No obstante deben consultar as listaxes de admitidos no IES Adormideras dende o 28 de febreiro.

As familias deben entregar debidamente cumplimentado, solicitando cita previa no centro, o anexo que se adxunta a este escrito ou recollelo en conserxería. Prazo de entrega dende o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro.

Pódese facer a reserva parcial no enderezo http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ ou de xeito electrónico completo en http://sede.xunta.gal/portada.

O alumnado de sexto curso que non faga a reserva de praza ou resulte non admitido, deberá participar no proceso xeral de admisión como se fose alumnado novo, debendo presentar cumplimentado no Ies a súa preferencia dende o 1 ata o 20 de marzo o documento anexo II da Orde do 12 de marzo.

A reserva no IES Adormideras adquirirá carácter vinculante e ser incompatible coa presentación dunha solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Alumnado admitido deberá formalizar la matrícula no IES dende o 25 de xuño ao 10 de xullo.

Atentamente

DIRECCIÓN

 

 

 

EQUIPO DIRECTIVO.

 

 A comunidade educativa do CEIP Sanjurjo de Carricarte deséxavos unhas felices festas!!!

 

 

 

O vindeiro luns 30 de novembro de 2020 publicarase a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluidas de máscaras. Estará situada no interior do centro, polo que poderán chamar por teléfono para consultar dita resolución, evitando na medida do posible a entrada ao centro, no caso de querer consultalas no centro tendrán que solicitar cita previa. Lembremos que aquel alumnado que ten concedido o vale de material ten automáticamente concedidas as máscaras. En caso de exclusión, as persoas afectadas poderán formular reclamacións no prazo de sous días hábiles no centro.

Atentamente

Equipo directivo.

 

 Orde 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado.

 

IMPRESO PARA DESCARGAR: Apartado secretaría e impresos.

 

Atentamente 

A dirección do centro

 

 Estimadas familias do CEIP Sanjurjo de Carricarte.

Os titores e as titoras do centro están traballando co alumnado na utilización da Aula Virtual, trátase dunha medida de prevención en caso de ter que pasar a educación non presencial en determinados momento do curso pero tamén  en cursos superiores resulta un recurso máis de traballo que implica aprendizaxes útiles relacionadas coa competencia dixital do alumnado. 

No caso de alumnado de 1º e 2º de Primaria iremos pouco a pouco para que se familiaricen coa Aula Virtual, aínda que resulta un pouco máis complexo dada a idade dos nenos e nenas.

Co alumnado de Educación Infantil chegado o momento do confinamento seguiranse as instrucción das respectivas titoras.

Coa intención de apoiar a comunidade educativa no espacio "Recursos tic"  aparecerán orientacións para a utilización da Aula Virtual. No espacio de "protocolo covid" aparece o "horario espello" que se levará a cabo en caso de confinamento e que cada titor e titora informará no su momento.

Atentamente

Equipo directivo.

 

Estimadas familias:

Vai a comenzar o curso e sei das vosas preocupacións, quero enviaros unha mensaxe de tranquilidade.

Estamos adecuando as instalacións do noso centro en base a normativa que nos comunican. Do mesmo xeito estamos planificando cambios organizativos e pedagóxicos en función dos recursos persoais e materiais dos que dispoñemos. Informaremos deles antes do comenzo de curso, no mes de setembro.

Solicito a vosa colaboración e respeto polas normas que rexerán o funcionamento do centro.

A preocupación de todo o equipo docente é o benestar do noso alumnado.

Atentamente

Mª Estrella Monelos Muñiz

Directora do CEIP Sanjurjo de Carricarte

 

PROGRAMACIÓN DE ENTRADAS E SAÍDAS

Educación infantil: salón de actos.

     Os pais/nais poderán entrar ao centro ata a porta do salón de actos con mascarilla.

Educación Primaria: Entradas e saídas

Portalón de acceso ao centro e porta principal: Aulas de 3º A, 3º B, 4º, 1º.

Os pais/nais non poderán acceder ao centro quedarán no portalón de entrada ao centro

Porta de acceso ao pavillón e porta do comedor: Aulas de 5º,2º,6ºA,6ºB

Os pais/nais non poderán acceder ao centro quedarán na porta de acceso ao pavillón.

Non se farán filas e non se permite estar no patio.

Debense respetar as distancias de seguridade e todo o alumnado debe traer máscara.

OS TITORES INFORMARÁN DE POSIBLES CAMBIOS NAS REUNIÓNS INICIAIS DE CURSO.

 

MODIFICACIÓN DE HORARIOS DE ENTRADAS A PARTIR DO 5 DE OUTUBRO.

 

Infantil

Primaria

Entrada por salón de actos 

Entrada porta pavillón

3 anos  9.15

8.50 2º E.P.

8:55-5º EP

4 anos  9.10

9.00: cursos 6º A, 6ºB

5 anos  9.05

Entrada porta principal

Saída por salón de actos 

8.50: 3º A e 3º B

3 anos 13.30

8:55 1º E.P.

9:00 4º E.P.

4 anos 13.40

Saída porta do pavillón

5 anos 13.50

13.50: Cursos  2º

13:55: Curso 5º

 

14.00: cursos 6ºA e 6ºB

 

Saída porta principal

 

13.50: Cursos 3º A e 3º B

 

13:55: Curso 1º

14.00: Cursos 4º

 

Actualización de protocolos de centros e novos protocolos específicos antea a Covid 19

 http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31984

 

  Axenda 2019-2020               Álbum de cromos

 

 



page | by Dr. Radut