Skip to Content

Último número

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

O xoves día 30 de xaneiro celebramos no noso colexio o  Día da Paz e Non Violencia.  

O acto iniciouse ca lectura por parte dun grupo de alumnas e alumnos dun manifesto pola paz, continuaron co  derrumbamento dun muro, onde estaban escritas accións negativas que impiden a convivencia pacífica na nosa sociedade. 

Ademáis, contamos ca presencia de María e Bebe, representantes da ONG Miradas ao Mundo, ós que se lles fixo unha entrega simbólica dos xoguetes recollidos na campaña solidaria de Nadal. Dedicaron unhas palabras de agradecemento á xenerosidade da comunidade educativa do San Francisco Javier. 

O acto finalizou cantando e bailando ó son de Mamá Cabra, Danza da Paz, empregando a lingua de signos e construindo por último o símbolo da Paz.

A noticia aparece recollida en La Opinión Coruña, pódese acceder a ela pinchando aquí

    

          

 

VISITA DO DEPORTIVO LICEO HOCKEY SOBRE PATÍNS

Esta semana puidemos contar coa presenza de xogadores do club máis laureado de Galicia, o Deportivo Liceo de Hockey Patíns, onde o alumnado de 3º e 5º de EP recibiron dentro da materia de EF unhas nocións básicas sobre o deporte do stick. Para iso contamos coa presenza dos irmáns Di Benedetto e Facundo Bridge, que nos ensinaron a coller o stick e a lanzar a bola, entre outras moitas cousas. Ademais foron entrevistados polas nenas e nenos, que descubriron o esforzo que supón chegar ao niveis máis altos do deporte. Esta colaboración do Deportivo Liceo encádrase dentro do seu programa educativo de fomento dos valores do deporte.

Recólle a noticia a prensa, máis información pinchando aquí.

Foi un pracer contar co Liceo no noso centro e oxalá que podamos seguir contando con eles nos vindeiros cursos.

Moitas grazas tanto aos xogadores como a xunta directiva do club que puxo todo tipo de facilidades.

 

 

VISITA DE ASOTRAME

Un ano máis, contamos ca visita  dos membros de ASOTRAME: Asociación de Galega de Trasplantados de Médula Ósea.

As rapazas e rapaces de 5º de EP, tiveron a oportunidade de recibir unha charla didáctica e informativa sobre un tema tan importante como este, desde unha perspectiva sensible e cercana,  e así poder coñecer a campaña que están a realizar.

No corredor da planta baixa do centro hai unha pequena exposición itinerante que informa e sensibiliza sobre a doación de médula ósea.

Esta exposición pode ser visitada, e se pinchades aquí, veredes unha pequena mostra da mesma.

Asimesmo, a asociación conta cun blog escolar onde recolle e publica os traballos realizados polo alumnado dos centros ós que acuden. Pinchando na seguinte ligazón pódese acceder ó mesmo.

Grazas á asociación, así como ós membros que acudiron ó colexio polo seu traballo e solidaridade.

 

 

 

Desde Asotrame agradecen a colaboración de todo o alumnado do centro, e envían a ligazón onde están publicados os traballos presentados polo alumnado do centro. Pinchar aquí

 

PLENO INFANTIL

O mércores día 20 de novembro,  celebrouse un Pleno Infantil no Concello de A Coruña en colaboración con UNICEF COMITÉ Galicia,  con motivo da celebración  do 30 aniversario da Convención dos Dereitos do Neno.

O acto estivo presidido pola Exma. Alcaldesa da Coruña, Dona Inés Rey, acompañada do Concelleiro de Educación D Jesús Celemín.

Ó pleno acudiron  varios centros da cidade, entre eles o noso, o CEIP San Francisco Javier, onde un grupo de alumnos e alumnas de 6º de EP, representaron ós seus compañeiros e compañeiras , expoñendo un manifesto onde reclamaron un dos dereitos recollidos na Convención dos Dereitos do neno, o dereito a participación,  no que aportaron propostas para participar tanto no Concello como no noso colexio .

Queremos dar os parabéns a todas e a todos os participantes pola súa colaboración e esforzo. 

Asimesmo, sinalar que hoxe varios medios de comunicación recollen o acto. Deixamos as ligazóns para ter máis información do mesmo. 

Concello de A Coruña

La Opinión Coruña

La Voz de Galicia

Quincemil

 

             

          

                              

O NOSO PERCORRIDO CO EDNL

 

RECOLLEMOS UNHA PEQUEÑA RESEÑA DO MOITO QUES ESTIVEMOS FACENDO AO LONGO DO CURSO PROMOCIONADO POLO NOSO EDNL. TAMÉN DAMOS AS GRAZAS AOS MEMBROS DAS DEMAIS DINAMIZACIÓNS E MEBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA PARTICIPANTES: ALUMNADO, FAMILIAS, MESTRES, AMIGOS...

QUE BEN O PASAMOS!...CANTO APRENDEMOS!

RECIBIDE UN SAÚDO MOI AGARIMOSO.

ÁS FAMILIAS

O BESBELLO DA CUBELA 2013. XORNAL

ESTE ANO, DE NOVO, POIDEMOS CREAR UN ESPAZO NO QUE PODER RECOLLER ALGUNHAS PINGAS DAS MOITAS COUSAS QUE FUMOS FACENDO DURANTE O CURSO.

"O BESBELLO DA CUBELA" VOLVE A VER A LUZ NESTE ANO 2013.

GRAAS A TODOS/AS OS/AS COLABORADORES E ESPECIALMENTE AOS PROTAGONISTAS ELEXIDOS PARA QUE OS SEUS TRABALLOS APARCEZAN COMO DESTACADOS.

ASEMADE GRAZAS AO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN POLO SEU ESFORZO.

VOTÁDELLE UNHA OLLADA E ESPERAMOS QUE VOS GUSTE....PINCHAR

OS TITULOS

Revista Dixital: O BESBELLO DA CUBELA

Revista Dixital - Xuño 2012

Xa está publicada a nosa revista escolar "O BESBELLO DA CUBELA" e por primeira vez facémolo en formato dixital. Seguros de que en vindeiras ocasións imos ir mellorandoa esperamos que vos satisfaga. Grazas a tod@s os/as colaboradores e especialmente aos protagonistas elexidos para que os seus maravillosos traballos figuren  na mesma.


Distribuir contido


by Dr. Radut