Skip to Content

Extraescolares e complementarias

ACTIVIDADE ALERTA POLICÍA.

O alumnado de 5° e 6° de Educación Primaria asistiu a unha formación sobre ciberseguridade enmarcada dentro do Plan Director do centro.

Un policía nacional explicou como ser conscientes dos perigos que existen e tamén a aplicar cautela para poder previlos.

OS LÉVEDOS: SERES MINÚSCULOS CUNHA IMPORTANCIA MAIÚSCULA

O pasado 1 de decembro visitáronnos dúas biotecnólogas. Detrás deste nome un tanto complicado está o estudo dos lévedos, que están presente no noso día a día.

PROGRAMA TEI: TITORÍA ENTRE IGUAIS

Despois do parón da pandemia, retomamos o programa TEI,  un programa de gran tradición no colexio (desde o curso 2017) cuxo obxectivo e a prevención da violencia e do acoso escolar. Onte presentámolo ás familas de 5º e 3º EP.

O TEI pon en contacto aos nenos e nenas de 5ºEP, que exercerán de titores-as, co alumnado de 3ºEP, que serán os seus titorizados-as.

Cando xurda unha conduta inapropiada da que o alumno/a de 3ª é a víctima, recurrirá ao seu titor/a de 5º para que entre os tres intenten resolver o problema.

Este tipo de actividades prepara ao alumnado para a vida e exercita as súas habilidades sociais para previr problemas de convivencia no futuro.

 

25 DE NOVEMBRO, POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.

O venres 25 de novembro, conmemoramos nun acto de centro o día internacional para a eliminación da violencia contra a muller.

Levamos a cabo variadas actividades para a visibilización e a concienciación nas diferentes etapas, retomando os obradoiros de igualdade realizados a comezo de curso.

O alumnado elaborou murais, debuxos, leu contos e aprendeu a canción "La puerta violeta" de Rozalén.

Podedes ver todas as fotos do día na galería da páxina web. 

SAMAÍN

O pasado venres celebramos o Samaín: disfrazámonos, divertímonos, vimos as cabazas que estaban expostas, fixemos actividades dixitais...., e aquí deixamos unha mostra  do noso día.  

O periódico La Opinión Coruña, veu visitarnos e fíxose eco da nosa terrorífica xornada!! Podedess ler a noticia premendo na seguinte ligazón aquí

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe, 24 de outubro, celébrase o día das bibliotecas, promovido polo Ministerio de Cultura e Deporte. 
O alumnado pode visitar este espazo informativo e de lectura e achegarse a ver a decoración da entrada que fixo o Equipo de Biblioteca Escolar.

OBRADOIRO DE IGUALDADE

Esta semana tivemos unhas xornadas de Educación en Igualdade en colaboración coa ANPA "A Cubela". Os primeiros en participar con Jumpingkids foron as alumnas e alumnos do 1º ciclo de EP. Continuarase ao longo desta semana co alumnado de Educación Infantil, e para a próxima participará o alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria con Almas Merakis. 

A través de distintas actividades comprenderon que as cores non teñen xénero, que todas e todos somos iguais e que podemos adicarnos ao que desexemos.

Foi unha actividade moi enriquecedora. 

Ademais, a ANPA organizará uns obradoiros de igualdade para as familias do centro:

Os días 3 e 4 de novembro de 16.00- 18.30horas no salón de actos do noso colexio.

Agradecer á ANPA a súa colaboración.

GRAN PRIX FINANCIEIRO

O luns e o martes o alumnado de 5º e 6º aprendeu sobre educación financieira cunha actividade promovida por Abanca.

As alumnas e alumnos comprenderon a importancia de xestionar ben os cartos, a valorar como se conseguen e a priorizar os gastos da vida cotiá.

Diferentes medios de comunicación informaron da actividade:

Cadena Ser

 El Ideal Gallego

 La Voz de Galicia 

BAILE DE BUXAINAS!!!

Xa é Outono no noso colexio, e como non podía ser doutro xeito xa empezaron a bailar as buxainas polos nosos patios. E quen mellor que o gran campeón de buxainas mexicano, Omar Pule, para facer con elas incribles trucos diante das miradas asombradas de alumnas, alumnos e tamén de profesoras e profesores. Agora só nos queda rescatar as nosas buxainas, dese curruncho no que estiveron agochadas, e disfrutar un ano máis da maxia e o magnetismo do seus bailes.

Vira na roda da vida

Vira como unha buxaina

Por cada volta que vira

Vaise unha pena da ialma

(Xosé Lois Romero)

 

 

 

VISITA Á POLICÍA LOCAL

O pasado mércores, 21 de setembro, estrenamos as saídas. As alumnas e alumnos de 4º de EP fomos ca Policía Local a aprender un pouquiño máis sobre Educación Vial.

Vimos a sala de cámaras de vixilancia, aprendimos a parar o tráfico , e a Concelleira de Urbanismo explicounos os distintos tipos de semáforos.

E non só aprendimos un montón, senon que ademáis... Regaláronnos unhas camisetas moi chulas.

Distribuir contido


by Dr. Radut