Skip to Content

Extraescolares e complementarias

CONCURSO BANDA DESEÑADA "O MUNDO DO MAR"

Desde o EDLG agradecemos a tod@s @ alumn@s a súa participación no Concurso de Banda Deseñada "O mundo do mar" e damos os nosos parabéns ós traballos seleccionados. 

Moitas grazas pola vosa colaboración e saúdos desde o EDLG!!

 

CONTOS DA VIDA MARIÑA

"Parabéns ao noso alumnado pola súa participación na elaboración de contos da vida mariña. Deixamos aquí unha escola dos presentados. Moitas grazas pola vosa colaboración!!!".

 

CELEBRAMOS O ENTROIDO

O entroido está á volta da esquina e como todos os anos, preparámonos para vestir os nosos complementos. Atentos e atentas aos mandatos de Manolo e de Catalina. Comezamos o martes 9. Bo entroido!.

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Ao longo desta semana celebramos con distintas actividades a semana da paz. Velaquí as temos!.

 

 

BO NADAL E MELLOR ANO NOVO 2021

A Comunidade Educativa do CEIP SAN FRANCISCO JAVIER quere desexarvos unhas Felices Festas e mellor Ano Novo, cheo de saúde e no que se cumpran os mellores desexos!!.

Autores-as : Covadonga Somorrostro (6ºA), Isamar (3ºB), Javier Barbé (3º A) e Vega Reboredo (5º A)

No seguinte vídeo recollense todas as felicitacións do noso alumnado: FELICES FESTAS!!!.

 

VISITA DE MELCHOR

Onte tivemos a fortuna de que Melchor pasase polo colexio a visitar ós nenos-as de de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria. Foi unha visita emocionante na que poideron conversar co rei quen atendeu todas as súas preguntas..... qué nervosos estaban!!!.

Queremos darlle as grazas a Melchor que nos fixese un sitio a súa axenda para vernos!! GRAZAS!!!

Se queres ver o vídeo en pantalla grande pincha aquí.

                   

CAMPAÑA SOLIDARIA

Un ano máis o CEIP San Francisco Javier colaborou co Banco de Alimentos Rías Altas na campaña solidaria de recollida de alimentos para as persoas mais necesitadas e vulnerables da nosa cidade.  

Queremos agradecer a todas as familias a vosa colaboración, xenerosidade e solidaridade, o que permitiu entregar hoxe tres caixas cheas de alimentos a dita entidade. 

GRAZAS!!!!

 

                       

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Un ano máis celebramos un terrorífico Samaín no colexio. Foi unha semana especial, onde os monstruos, cabazas, esqueletos, arañas... estaban por todas partes, ata nas ventás!! Qué ben o pasamos !! Se queres ver todo o que fixemos pincha na imaxe.... 

CARREIRA ENKI OUTUBRO 2020

O pasado 8 e 9 de outubro participamos na carreira ENKI, a fin de visibilizar a diversidade funcional e poñer o noso grao de area para un mundo mais inclusivo. 

Queremos agradecer a todo o profesorado, alumnado, familias e demáis membros da comunidade educativa a súa colaboración, grazas a cal pasamos unha xornada especial. Pincha na foto para acceder ó vídeo. 

 

                                                   

ENTROIDOS POLO MUNDO

Fantásticos os debuxos que recrean os diferentes entroidos imaxinados polo noso alumnado. Grazas a todas e a todos polo voso traballo e colaboración!!

Pincha na imaxe para velos

 

                                    

Distribuir contido


by Dr. Radut