Skip to Content

LISTAXES DEFINITIVAS DE FONDOLIBROS

Publicamos as listaxes definitivas dos libros adxudicados ó alumnado de 3º a 6º de EP.

 

 

Xa están dispoñibles os cheques para libros e material escolar de FONDO LIBROS (XUNTA). Recollida dos mesmos na SECRETARÍA do centro en horario de 10:00 a 13:30 de luns a xoves ata o día 12 de xuño. De non recollelo nestas datas estará a disposición das familias en setembro.

 

LISTAXES PROVISIONAIS FONDO LIBROS CURSO 2019-2020

 

 

PUBLÍCANSE AS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS DO PROGRAMA FONDO LIBROS DO CEIP SAN FANCISCO XABIER.

De conformidade co Artigo 19 da ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar (DOG de  20 de maio de 2019), publícanse as listaxes provisionais de admitidos e excluídos na asignación de libros de texto do fondo ao alumnado solicitante matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria para o curso 2019/2020.


Segundo o punto 2º.c) do Artigo 19 da mencionada Orde, establécese un prazo de dous (2) días para reclamar no centro escolar, a contar dende a publicación destas listaxes.
Unha vez resoltas as reclamación publicaranse as listaxes definitivas.

REUNIÓN FAMILIAS ALUMNADO DE 3 ANOS

O martes día 25 de xuño, ás 12:00, terá lugar no Salón de Actos deste Colexio unha reunión co Equipo Directivo, Dpto de Orientación e Coordinadora de Educación Infantil cos pais/nais/titores dos do alumnado de novo ingreso, que para o vindeiro curso 2019-2020 estarán escolarizados nas unidades de Educación Infantil 2º ciclo 1º curso (Educación infantil 3 anos).

Rogámoslles que consideren esta reunión de suma  importantancia, xa que se darán normas  e consellos que lle serán de grande utilidade. Contamos coa súa asistencia.

Asimesmo, lembramos que o prazo de matrícula estará aberto 20 ata o 30 de xuño.

 

 

MERCADILLO SOLIDARIO

 

 

Onte tivo lugar no colexio o mercadiño solidario, onde un ano máis se  puxo de manifesto a SOLIDARIDADE  e XENEROSIDADE de toda a comunidade educativa.

A ONG "MIRADAS Ó MUNDO"  trasládanos o seu agradecemento  pola colaboración e participación. A recaudación  acadou os 672,15 €, que foron entregados a Berta, como representante de MIRADAS Ó MUNDO.

LIBROS DE TEXTO

DÍA MATEMÁTICO

O pasado 13 de maio  celebramos o día matemático no colexio. Foi un día especial, fantástico e lúdico, no que as matemáticas se convertiron nas protagonistas.

As actividades , xogos e retos foron do máis diverso, desde máquinas de sumar,  de descomposición, dominós e florminós (dominó dentro da flor), tangrams, retos e pistas, dianas matemáticas, dados xigantes, figuras xeométricas, taboeiros de multiplicacións, xogos de cifras,e moitos máis, a mayoría deles creados polo alumnado.  

O éxito foi rotundo, ata o punto de que xa nos tarda celebralo de novo!!

Queremos agradecer a todo o profesorado e alumnado a súa participación e colaboración, que fixeron posible unha xornada tan especial.

 

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E ACCESO AO FONDO PÚBLICO DE LIBROS NO CURSO 2019/2020

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, acaba de publicar a Orde que convoca as axudas para adquirir libros de texto e material escolar, así como participar na entrega de libros do fondo solidario. 

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ó día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2019.

PARA MÁIS INFORMACIÓN PINCHAR AQUÍ

IMPRESO PARA PRESENTAR NA SECRETARÍA DO CENTRO

LUNS 20 DE MAIO DÍA NON LECTIVO

Estimadas familias

 

Lembramos que o día 20 de maio non haberá clase por ser escollido polo CE como día  non lectivo.

 

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2019-2020. LISTAXES DEFINITIVAS

Con data 14 de maio procédese á publicación das listaxes definitivas resultantes do proceso de admisión do alumnado para o curso 2019-2020, tal e como contempla a normativa, artigo 31 da Orde 12 de marzo de 2013 .

Ante esta listaxe, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a súa publicación.

  • 4º EDUCACIÓN INFANTIL
  • 5º EDUCACIÓN INFANTIL
  • 1º EDUCACIÓN PRIMARIA
  • 2º EDUCACIÓN PRIMARIA
  • 3º EDUCACIÓN PRIMARIA
  • 4º EDUCACIÓN PRIMARIA
  • 5º EDUCACIÓN PRIMARIA

O alumnado admitido deberá formalizar a matrícula obrigatoriamente entre o 20 e o 30 de xuño na secretaría do centro.

A documentación a presentar é a seguinte:

  • Impreso de matrícula (recoller en secretaría/ administración) debidamente cumprimentado.
  • Impreso cumprimentado da enquisa para o alumnado de educación infantil.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.
  • 4 fotografías tamaño carné.
  • Modelo autorización do uso de imaxes polo centro educativo (recoller en secretaría/administración).

Se finalizado o prazo de matrícula non se tivese formalizado esta, teráselle por decaído no dereito á praza obtida

 

 

 

LISTAXES PROVISIONAIS DO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2019-2020

 

 

 

Fanse públicas as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos nos diferentes niveis, pendentes da resolución da comisión de escolarización para cubrir prazas de alumnado con NEAE.

Informamos que as prazas que non sexan cubertas por alumnado NEAE, serán cubertas por orde de puntuación e por criterio de desempate.

O prazo de presentación de reclamacións ás listaxes provisionais é de cinco días hábiles contados a partir do seguinte á data de publicación (23 de abril de 2019).

A estimación ou desestimación das reclamacións formuladas fronte á listaxe provisional, entenderase realizada a través das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas.

 

Finalizado o período de reclamacións publicarase a listaxe definitiva de admitidos (sempre antes do 15 de maio).

Distribuir contido


by Dr. Radut