Skip to Content

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Estimadas familias, 

Comunicamos que este ano, debido á situación sanitaria que estamos a vivir,  realizaremos a xornada de portas abertas online, nunha reunión virtual/webinar o mércores 9 de marzo ás 17:00 horas a través da plataforma Cisco Webex.

Nesa sesión facilitarase información importante do centro: proxecto educativo, horarios, recursos, actividades, infraestructuras e finalizarase cunha rolda de preguntas. 

As familias que estén interesadas en participar na mesma, deberán inscribirse previamente chamando ó número de administración do centro: 881960989 en horario de mañá. A ligazón para poder asistir será enviada o martes día 8 de marzo ó correo electrónico facilitado. 

Agradecemos de antemán a súa participación, colaboración e interese por formar parte da nosa comunidade educativa. Aproveitamos a ocasión para enviarlles un afectuoso saúdo.

O Equipo Directivo

Deixamos unha vídeo do centro para que o poidan coñecer e poden realizar un tour virtual pinchando aquí

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

O pasado 28 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Cada unha das clases decorou un “PAZaugas” con mensaxes, poemas e motivos relacionados ca mesma,  diseñando un pasaporte da paz cos países que elexiron. 

Parabéns a todo o profesorado e alumnado polo seu traballo e colaboración!!!

Desde  La Opinión de A Coruña, fixéronse eco da actividade. Pódese ler o artigo pinchando aquí 

 

VISITA CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO

O pasado venres 28 actuou o Centro Coreográfico Galego para o noso alumnado de 4ºEP. Pasáronno xenial!!!! 
 
 

CIRCULAR INFORMATIVA NOVO PROTOCOLO ACTUACIÓN COVID 19

Estimadas familias: 

O protocolo de vixilancia e control epidemiolóxico fronte ao virus SARS-Co-2 (COVID-19) no ámbito educativo, viuse modificado estes días. 

Pinchando na imaxe podedes acceder á circular que recolle ás novidades máis destacadas do mesmo.

Queremos agradecer de antemán toda a colaboración prestada por todos os membros da comunidade educativa. 

 

Lembramos que se necesitan Declarar un positivo poden facelo pinchando na seguinte ligazón: https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Autodeclaracion-caso-sospeitoso-COVID ou chamando ó teléfono 881 540 045.

PROTOCOLO DE VIXILANCIA  E  CONTROL EPIDEMIOLÓXICO FRONTE  AO VIRUS SARS-CoV-2  (COVID-19)  NO  ÁMBITO EDUCATIVO  NON UNIVERSITARIO  DE  GALICIA

PROTOCOLO CRIBADO ANTÍXENOS EN SALIVA CENTROS DE PRIMARIA 

Máis información: https://coronavirus.sergas.gal/ 

ADMISIÓN ALUMNADO: RESERVA DE PRAZA IES MONELOS (6º EP)

Informamos de que se abre o prazo para a reserva de praza no centro de adscrición para o curso 2022-23

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 11 de xaneiro de 2022 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • Prazo de solicitude de reserva de praza para o alumnado de 6º de Educación Primaria que pretenda cursar estudos de 1º da ESO no IES MONELOS (centro adscrito) é do 11 de xaneiro  ao 08 de febreiro.
  • Presentación de solicitudes: 

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, realizarase no noso centro ou na aplicación admisionalumnado.

A reserva ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación da solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa por escrito presentada no centro de adscrición antes do incio do prazo ordinario de presentación de solicitudes de admisión. A presentación de solicitude noutro centro dará lugar á perda de prioridade.

CAMPAÑA SOLIDARIA

 

Un ano máis o CEIP San Francisco Javier colaborou co Banco de Alimentos Rías Altas na campaña solidaria de recollida de alimentos para as persoas mais necesitadas e vulnerables da área metropolitana. 

Queremos agradecer a todas as familias participantes a vosa colaboración, xenerosidade e solidaridade que contribuirá a atender ás persoas máis desfavorecidas. 

O Banco de Alimentos trasládanos o seu agradecemento polo compromiso solidario do noso centro e envíanos o albarán da recollida do noso centro, que publicamos en arquivo adxunto.

 

GRAZAS!!!!

 

 

 

VISITA DE MELCHOR

Qué sorpresa máis extraordinaria tivemos o luns, nin mais nin menos que Melchor veu ó colexio. Canto disfrutamos os pequenos e pequenas ca súa visita!!! 

Esperemos que se cumplan todos os vosos desexos!!!!

 

FELICES FESTAS!!!

 

 

 

 

PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS DISTRIBUCIÓN MÁSCARAS

Informamos que xa está publicada  no taboeiro de anuncios interior do centro a listaxe provisional de distribución de máscaras. 

 

Prazo de reclamacións: 2 días hábiles a partir da súa publicación.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ALUMNADO EDUCACIÓN PRIMARIA

Informamos que a Consellería de Educación acaba de publicar a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E

Alumnado destinatario. 

Alumnado matriculado en Educación Primaria (non para Educación Infantil)

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar para o curso 2021-2022.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

TRAMITACIÓN  E PRESENTACIÓN DAS SOLICITUD

  • Presencialmente no centro en horario de 9:15 a 11:30 e de 12:00 a 13:45
  • Prazo presentación: desde o 15 ata o 26 de novembro 2021 ámbolos dous incluidos.
  • DOCUMENTACIÓN, ANEXO I E ANEXO II. 

Ligazón á orde do 28 de outubro, pinchar aquí.

Anexos I, Anexo II pinchar aquí

As listaxes provisionais publicaránse no taboeiro interior do centro o día 1 de decembro e en caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous (2) días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Esta reclamación entenderase resolta coa publicación da listaxe definitiva.

Contra a exclusión na listaxe definitiva, as persoas afectadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da listaxe definitiva (artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

Distribuir contido


by Dr. Radut