Skip to Content
CEIP SAN COSME
r/Covas, 96
27790- San Cosme de Barreiros
Tlf: 982 87 00 81
ceip.sancosme@edu.xunta.gal                      


 

FONDO SOLIDARIO

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022-2023.

 

QUENES PODEN PARTICIPAR NESTA AXUDA?

Alumnado de 1º e 2º de E. Primaria. Axuda para adquirir libros de texto e material escolar.

Alumnado de 3º e 4º de E. Primaria. Fondo solidario e axuda para material escolar.

Alumnado de 5º e 6º de E. Primaria. Axuda material escolar (non se empregan libros de texto por estar no proxecto EDIXGAL.

 

PRAZO DE SOLICITUDE: 19 de maio ata o 22 de xuño de 2022.

DOCUMENTACIÓN:

anexos I

anexo II

  • Fotocopia do libro de familia onde figuren os membros computables da unidade familiar.
  • En caso de separación, copi da sentenza xudicial e /ou convenio regulador.
  • Excepcionalmente Certificado ou volante de convivencia.

LUGAR DE PRESENTACIÓN:

Aplicación informática "fondolibros" ( https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ )

Sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada

En papel no centro docente.

 

REQUISITOS PARA PARTICIPAR:

  • Ter devolto os libros de texto do curso actual recibidos do propio centro.
  • Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 10.000€ (para libros de texto) ou igual ou inferior a 6.000€ (para libros e material escolar). A renda será a do exercicio 2020.


page | by Dr. Radut