Visitas á Web

hit counter

Bibliotecas escolares | Blog de Bibliotecas escolares

Secretaría

Enquisa de Convivencia

 

Estimada familia:

 

     De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal. No marco desta estratexia realizáronse no 2015 e no 2019 as enquisas de diagnose que permitiron identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos.

    Transcorrida esta etapa é necesario elaborar unha nova estratexia de convivencia para o período 2021-2025. Neste contexto, faise necesario a realización dunha nova enquisa de diagnose de convivencia de carácter censal e   que terá unha periodicidade bianual.

      A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo.

   As familias que desexen participar teñen que cubrir unha enquisa por cada centro no que teña matriculado algún fillo ou filla, independentemente do número de nenos e nenas que cursen estudos no mesmo centro.

     A súa opinión é moi importante e valiosa para mellorar a convivencia escolar polo que lle solicitamos que preste atención e responda con responsabilidade. Este código servirá tan só unha vez; se tivese algún problema con el ou precisase un novo pode poñerse en contacto coa dirección do centro.

     Agradecémoslle a súa colaboración e participación nesta recollida de datos.

 

NOTA:

Na seguinte ligazón pódese acceder ao formulario para a recollida de datos:

 

       https://www.edu.xunta.gal/enquisas/index.php/625973?lang=gl

 

   Para garantir a seguridade do proceso a aplicación utiliza un certificado de seguridade da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre que pode non ser recoñecido por todos os navegadores. Se recibe unha mensaxe de alerta non se preocupe. Pode confiar plenamente na seguridade da páxina.

 

 

Entrega de notas e Vacacións de Nadal

12/22/2020 08:00
Europe/Madrid

O 22 de Decembro remata o primeiro trimestre, e farase a entrega de notas mediante a aplicación abalarMovil, coma no curso pasado.

Desexamos que teñades unhas boas vacacións de Nadal, e verémonos de novo o día 8 de Xaneiro de 2021.