Horarios Espello

Horarios Espello 2021/2022

Os horarios espello se aplicarán en 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria no caso de peche dunha aula completa deses niveis ou de todo o centro educativo.

En ditos horarios espello figuran as horas de conexións en directo para o Ensino a distancia do alumnado da clase ou clases confinadas co seu profesorado (horario que figura en azul).

Despois das conexións en directo se inclúe un tempo de traballo individual do alumnado, tempo que empregarán en levar a cabo o traballo proposto (horario que figura en vermello).

Na aula virtual dos grupos que pasen a traballar co horario espello figurará unha copia dos horarios incluídos tras esta mensaxe, a fin de facilitar a organización do traballo para os alumnos.

Para acceder ás conexións online, cando se active o confinamento dunha clase completa ou de todo o colexio, deberán pulsar o botón habilitado ao efecto no curso do seu grupo-clase en cada materia da aula virtual no horario correspondente á mesma.

Pulse sobre a etiqueta co número de arquivos adxuntos para despregar a lista dos mesmos.

Distribuir contido