4º Primaria

GAÑADORES DO RETO EN REDE: O VOO VERDE

 Un grupo de  5 alumnos de 4º de primaria: Alba González Ramos, Tomás Rodríguez Maturana, Oliver Capelo Mera, Andrea López Santos e Mélody Monteiro Jiménez foron os gañadores do reto en rede: O voo verde, convocado pola fundación AENA, no marco do Programa Aeroportos Verdes.

 Por este motivo, todo o grupo clase, foi invitado a un acto no aeroporto da Coruña o día 28 de febreiro onde o director da Fundación Aena e un responsable do gabinete de dirección do aeroporto realizarán a entrega de diplomas aos alumnos gañadores. A continuación o grupo clase realizará unha visita ao helicóptero de rescate Helimer.

A continuación tedes o traballo gañador. Para ver os outros traballos preme aquí.


Solidariedade con Diogo Farinhoto

Diogo Frinhoto no medio e medio dos tapóns que se lle van achegando.

Agradecementos

Antes de dar ningún tipo de explicación queremos dende aquí agradecer fondamente as mostras de solidariedade recibidas no colexio, as numerosas colaboracións anónimas e desinteresadas de moita xente que nos achegou infinidade de bolsas con tapóns, e todos e todas co único ánimo de axudar nesta causa. Falamos do alumnado, das súas familias, hostelería, xente anónima que nos achega material, asociacións,... a lista é moi longa.

Resumo

A iniciativa nace a través do alumnado de 4º curso de primaria que tiña visto nos medios de comunicación o que alí se informaba sobre este rapaz. Pediron tomar parte e participar ne recolección de tapóns, e aí estamos. Grazas a este material (os tapóns de plástico) e ao que se está a recoller en múltiples puntos da xeografía galega e portuguesa, Diogo Farinhoto poderá contar cunha prótese mioléctrica para a súa man dereita, aproveitando a proposta dunha firma de reciclaxes de Povoa de Varzim (Portugal), que pagará a prótese a cambio das toneladas de tapóns e botellas de plástico recollidas.

As últimas novas que se nos achegan dende os medios de comunicación preocúpannos xa que parece ser que ese número de toneladas puidera ser sensiblemente maior do inicialmente previsto (inicialmente foron 19 toneladas pola prótese provisional que xa ten agora posta e 39 pola prótese definitiva que tería dentro de 2 anos). Aínda así, seguimos a apostar por Diogo e porque poda ver luz ao final deste longo túnel.

A nova nos medios de comunicación

A campaña de solidariedade có neno portugués Diogo, promovida no noso Centro polo alumnado de 4º de Primaria e que foi moi ben acollida por toda a colectividade, ten o seu reflexo nos medios de comunicación. De seguido unha serie de enlaces a diferentes medios de comunicación que relatan esta nova:

Logotipo do Xornal -La Voz de Galicia- a mod de enlace ao artigo no que se fala desta nova.

Vídeo da Televisión galega no que se describe a situación actual de Diogo e a esencia da campaña de recollida de tapóns. (24 de agosto deste ano).

 

Vídeo no que se amosa a nova contada polos servizos informativos da canle galega o luns 24 pola noite.

Vídeo no que se amosa a nova contada polos servizos informativos da canle galega o luns 24 ao mediodía.

Novidades

Sabemos polos medios de comunicación (La Voz de Galicia, 27 de outubro) que un empresario de Lisboa anónimo sufragará o custo da prótesis de Diogo, pero que a cadea de favores (por así chamala) non cesa. Dende o noso cole entendemos que este esforzo de solidariedade non finaliza e seguimos con esta cadea ata que revirta en alguén que o necesite. A historia continúa.

Distribuir contido