Educación Musical

Xogo de ritmos

Bo día compañeir@s:

Hoxe vos deixo unha nova proposta rítmica que podedes facer vos sos ou con axuda doutro membro da familia. Trátase dunha canción en forma de pregunta e resposta.

E vos preguntaredes: Que é iso de pregunta e resposta? Seguro que moitos de vos tedes moi claro o que é, pero para os que non, isto trátase de que unha persoa fai un ritmo e a outra responde, coma se fose un diálogo entre dúas persoas. Neste caso trátase de que unha persoa fai o ritmo e a outra ten que repetir o mesmo e para isto empregan 4 tarxetas de cores (poden ser folios de cores ou podedes pintar vos os folios).

Se lembrades o xogo das campás xa vos podedes facer unha idea, pero esta vez con música e ao ritmo.

Para este xogo vos inclúo unha serie de enlaces que vos explico a continuación:

1.      

Audio da canción: https://www.youtube.com/watch?v=X_yzqB3wmT8

Canción folk que forma parte dun recopilatorio de música tradicional recollida polo grupo musical australiano “Shenanigans”.

2.      

Vídeo onde temos a unha soa persoa que fai o ritmo e realiza unha pausa para que vos podades repetir o mesmo:

https://www.youtube.com/watch?v=hPnM_lMBYfw&t=18s

3.      

Vídeo onde poderedes ver como se fai entre dúas persoas:


Para o alumnado de 3º

Boas amig@s:

Lembrades a canción que traballamos na clase? Pois hoxe vos deixo os enlaces onde podedes atopar o audio que empregamos en clase e tamén o vídeo para que poidades ir seguindo as dixitacións da frauta. 

-         

Wix da canción con audio:  http://ikasmus.wix.com/3-maila#!__lehergailua

-         

Vídeo onde podes ver tamén a posición das mans: https://www.youtube.com/watch?v=L-DPJVJHJwg

Un saúdo.

Colgadoiro arcoiris

Boas a tod@s:

Hoxe vos propoño outra actividade de plástica que podedes facer na casa, "O colgadoiro arcoiris". Como nalgunhas actividades anteriores, esta tamén pode adaptarse a tódalas idades, só precisaremos máis ou menos axudiña para poder facela. Estou segura de que vos vai gustar!!

Un saudiño. 

Distribuir contido