INFORMACIÓN SOBRE AS TAREFAS EN 5° PRIMARIA

Ante as dúbidas que xurden sobre o tema das tarefas propostas e suxeridas para 5°, imos aclarar algúns aspectos.

Non é necesario que manden as actividades que ou ben teñen corrector en liña, ou ben as mestras lles van poñendo as respostas ou solucións días despois. É positivo que así fixen á atención na revisión do traballado. No caso en que o alumnado non entenda algunha corrección, si que pode enviar unha mensaxe, e a profesora correspondente  axudaralle coas dúbidas. 

Os exercicios de tipo persoal, por exemplo: inventar un conto, escribir unha poesía, facer unha manualidade... nas que cada neno ou nena aporta algo diferente, si que (se é posible, claro, non é obrigatorio) poden mandalas para que se revisen e se fagan os comentarios oportunos.

Cada rapaz ou rapaza que adapte o traballo ás súas necesidades, que siga o seu propio ritmo de aprendizaxe, sen agobiarse. Todo o que poñemos son recomendacións e suxerenxias para seguir, si é posible, coas rutinas escolares.

Grazas a todos pola súa colaboración.