Simulacro de evacuación

O pasado 9 de decembro realizáronse dous simulacros de evacuación do centro, un dentro do horario lectivo e outro en horario de comedor, con presenza de persoal de Protección Civil, que realizou a valoración do mesmo, como xa fixera a vez anterior, non atopándose elementos ou circunstancias que corrixir.