Samaín 2017

Un ano máis celebrouse esta festa, na que todos os participantes, e as familias, amosan unha grande creatividade e inxenio, tallando cabazas terroríficas, simpáticas, cariñosas, tenras, imaxinativas, ..., que foron expostas para deleite de toda a comunidade.

Coma sempre, rematouse a visita á exposición cunha viaxe polo "Túnel do terror". Todos conseguiron cruzalo con éxito.

Como é habitual, o alumnado de 6º de Educación Primaria colaborou na organización da visita á exposición e na animación e efectos especiais do "Túnel do terro."

Podes ver unha mostra da xornada premendo en SAMAÍN.

 

Click to view full size image