Skip to Content

Información

Inicio do novo curso escolar 2019-2020

 

                                                           Curso 2019-2010

                                    

                                                     

 

O mércores 11 de setembro, os alumnos voltarán ás aulas no comezo dun novo curso escolar.

O farán no horario habitual de 09:00 a 14:00h, excepto os alumnos de 4º de Infantil ( 3 anos) que comezarán o período de adaptación segundo os horarios establecidos.

O servizo de comedor funcionará no seu horario habitual de 14:00 a 16:00h.

Todo o equipo de profesionais do centro desexa un bo comezo a todos os nosos alumnos.

CURSO 2018-2019

CURSO 2018-2019

 

A comunidade educativa do Ceip Salgado Torres dálles a benvida ao novo curso escolar 2018-19.

 

Lembrar ás familias dos alumnos de 4º de Educación Infantil (3 anos) a reunión que terán lugar o mércores  05 de setembro, ás 12:30h na biblioteca do centro.

 

FIN DE CURSO

FIN DE CURSO

O persoal do CEIP Salgado Torres ao rematar este curso académico 2017-18, deséxalles unhas boas vacacións e agradécelles a colaboración ao longo de todos estes meses.

O luns 25 de xuño de 10:00 a 12:00 horas o profesorado do centro estará dispoñible para atender ás familias que desexen consultar calquera dúbida.

O curso escolar 2018/ 2019 comezará o 12 de setembro de 2018.

Moitas grazas.

 

Axuda individualizada transporte escolar curso 2017-18

 

AXUDA INDIVIDUALIZADA AO TRANSPORTE ESCOLAR 

 

Hoxe día 16 de outubro comeza o prazo para solicitar as axudas individualizadas ao transporte escolar para este curso 2017-18.

As solicitudes pódense recoller na secretaría do centro ou descargar desta web (documento adxunto 1).

Toda a información atópase no documento adxunto 2.

As solicitudes entregaranse na secretaría. O PRAZO REMATA O DÍA 6 DE NOVEMBRO ÁS 13:30.

Distribuir contido


by Dr. Radut