Skip to Content

Información

BENVIDOS A UN NOVO CURSO ESCOLAR!

 

Benvidos ao novo curso escolar tan atípico.

Sabemos que estades a desexar ter información de como vai a ser o comezo e a volta ás aulas dos vosos fillos e fillas.

Aínda estamos a traballar na adaptación do protocolo COVID-19, o cal é modificado case diariamente.

En canto teñamos claro o proceder e as normas dentro do noso centro será publicado tanto na páxina web, comunicado pola aplicación Abalar e trasladado a ANPA.

Esperamos poñelo no voso coñecemento ao inicio da semana próxima.

 

Do que si podemos informar é que o comezo das clases será coa incorporación gradual do alumnado, tal e como publicou a consellería de Educación o luns 31 de agosto de 2020:

  • O xoves 10 comezarán as clases o alumnado de  4º curso de Educación Infantil (3 anos) e 5º de Infantil (4 anos); 1º, 2º e 3º de Educación Primaria e o alumnado de Educación Especial.

 

  •  O venres 11 comezarán as clases  o alumnado de de 6º de Educación Infantil e os de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria

 

A entrada estes dous días serán en horario escalonado.

 

Disculpade as molestias e moitas grazas pola vosa comprensión.

 

Fin de curso 2019-2020

Queridas familias:

Sentimos moito rematar o curso desta maneira tan atípica, sen poder vernos nin despedirnos como se merece, en especial aos nosos alumnos que rematan as etapas( 6º de Ed. Infantil e 6º de Educación Primaria).

Aproveitamos para agradecer a vosa colaboración no teletraballo, sen vos, isto faríase moito más difícil.

Grazas tamén pola vosa compresión e sensibilidade mostradas debido a esta situación tan complicada que nos tocou vivir a todos.

Desexamos que gocedes dunhas merecidas vacacións e que o vindeiro curso transcurra coa maior normalidade posible.

Recibide un saúdo afectuoso do equipo directivo e do claustro de profesores.

 

 

BECAS COMEDOR ESCOLAR 2020-21 DO CONCELLO DE A CORUÑA

 

O Concello de A Coruña, abre o prazo para solicitar as becas de comedor escolar para o curso 2020-21.

 

O prazo é de 10 días hábiles do 01 ao 12 de xuño ámbolos dous inclusive.

 

Os impresos estarán dispoñibles nas oficinas de todos os rexistros municipais, nos centros cívicos municipais, na web do Concello e en sede electrónica (https://sede.coruna.gob.es).

Atoparán toda a información pinchando aquí

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL

A Consellería ven de publicar a Orde do 12 de maio de 2020 polo que se regula o fondo solidario de libros de texto destinado ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria para o curso 2020-21. As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes do alumnado. Poderán presentar solicitude o/a proxenitor/a ou representante legal do alumnado matriculado ou que se vaia matricular no curso 2020/21 nos niveis educativos mencionados. Nos arquivos adxuntos atoparase o modelo de solicitude a entregar. Lémbrase que a solicitude é única, independentemente do número de alumnos/as para os que se solicite. O prazo de presentación de solicitudes remata o 19 de xuño.

IMPORTANTE: O alumnado que acceda a 5º e 6º nivel de Educación Primaria só solicitará a axuda correspondente ao material escolar, non así os libros dado que somos centro E-DIXGAL.

Asimesmo, a Consellería tamén ven de convocar axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria ou en Educación Especial. Presentarase unha solicitude única no centro docente onde o alumno/a esté matriculado. Os requisitos para ser beneficiario/a, así como a documentación requerida inclúense nos documentos adxuntos. O prazo de presentación de instancias remata o 19 de xuño.
Lémbrase que as familias con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € poderán acceder ao vale de material escolar (50 €).

                                                                                                   

Pinchade aquí para tramitar a solicitude en liña.           

 

Documentación: Deberan achegar  Orixinais e fotocopias do Libro de familia e da Solicitude ( primeira folla).

 

Distribuir contido


by Dr. Radut