Skip to Content

Información

NOTA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

  RESERVA PRAZA INSTITUTO  ADSCRITO

CURSO 2021-22

 

  De acordo co establecido na Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de  educación  primaria,  de  educación  secundaria  obrigatoria  e  de  bacharelato  reguladas  na  Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B) e a Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15), modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG do 1 de febreiro),  comunícolles o seguinte:

1. O CEIP Salgado Torres está adscrito ao IES  Plurilingüe Elviña.

2. O noso alumnado ten prioridade para matricularse neste instituto por diante daquel alumnado que proceda doutros centros de primaria non adscritos. Esto NON quere dicir que obteñan praza. Deben consultar as listaxes de admitidos que se publicarán no IES Plurilingüe Elviña con data límite do 28 de febreiro de 2021.

3. As familias que desexen matricular ao seu fillos/as no IES  Plurilingüe Elviña deberán entregar a súa titora, entre o 11 de xaneiro e o 8 de febreiro, o modelo de solicitude debidamente cuberto (formulario normalizado  ED550 A,  publicado no anexo I  da Orde do 25 de xaneiro de 2017, que modifica a Orde do 12 de marzo de 2013).

Tamén pode facerse a reserva parcial no enderezo:,  https://www.edu.xunta.es/admisionalumnadoou ven na Sede Electrónica da Xunta de Galicia  https://sede.xunta.gal/portada  

4. O alumnado de 6º curso deste Centro que, de acordo co dito anteriormente, non faga no prazo establecido a reserva de praza para o citado instituto, ou resulte NON admitido, deberá participar no proceso xeral de admisión como se fose alumnado novo, debendo presentar cumprimentado no IES  da súa preferencia, do 1 ao 20 de marzo, o documento que se publica como anexo II da citada Orde do 12 de marzo, modelo de impreso que se pode retirar na Secretaría deste Centro ou descargar da páxina Web do mesmo ( a partir de marzo).

5. A reserva no IES Plurillingüe Elviña ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación da solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo ordinario de presentación de solicitudes de admisión. A presentación de solicitude noutro centro dará lugar a perda de prioridade.

6. O alumnado ADMITIDO deberá formalizar a matrícula no IES entre o 25 de xuño e o 10 de xullo de 2021.

                                        A Coruña, a 8 de xaneiro de 2021.

                                                    A DIRECTORA

Mª Elena Civeira Mato

 

 

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS PARA O REPARTO DE MÁSCARAS

Xa están expostas, no tabloleiro do centro, as listaxes definitivas do alumnado de Educación Primaria admitido para o reparto de máscaras 

As máscaras repartirarse despois das vacacións de Nadal, por mor de falta de existencias  das mesmas  no almacén, debido a gran demanda.

Informaremos do reparto por este mesmo medio e pola plataforma Abalar.

 

A Dirección do centro

Días non lectivos en decembro e vacacións de Nadal

Queridas familias:

Informamos de que, tal e como marca a orde do calendario escolar, o vindeiro día 7 de decembro non é lectivo por ser designado pola Consellería de Educación como o Día do Ensino. 

As vacacións de Nadal serán do 23 de decembro de 2020 ata o día 7 de xaneiro de 2021, ambos inclusive. Polo tanto, o último día das clases é o día 22 de decembro aínda que a entrega de boletíns trimestrais sexa o día 21 de decembro.

Un saúdo,

o equipo directivo.

Inicio do curso libre de COVID

Distribuir contido


by Dr. Radut