Skip to Content

Información

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2020-2021

ALUMNADO ADMITIDO  CURSO 2021-2022

Por mor de que o número de solicitudes de prazas presentadas para o vindeiro curso 2021-2022 é menor que as prazas ofertadas, non é preciso realizar o proceso de baremación e todos os alumnos e alumnas están admitidos.

Deberán revisar as listaxes, tanto provisionais como as definitivas para comprobar que non haxa erros.

 

Recordar que o proceso finaliza coa formalización da matrícula do 20 ao 30 de xuño de 2021.

 

O equipo directivo

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022

PROCEDEMENTO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/2022

 

PRAZO: DO 1 DE MARZO ATA O 22 DE MARZO

PRESENTACIÓN SOLICITUDES: 

  • Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro. 
  • Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica .

SOLICITUDE

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR XUNTO COA SOLICITUDE: 

  • Copia DNI, Libro de familia ou documento acreditativo do requisito de idade do alumno. Importante traer o orixinal e a copia paa compulsar.

 

HORARIO SECRETARÍA: 9:15 A 11:30 e de 12:30 a 13:30h. LUNS POLA TARDE EN HORARIO DE 16:00 A 18:00. Previa cita

 Poden solicitar cita previa chamando ao teléfono 881880834

INFORMACIÓN, VACANTES E CRITERIO DE VALORACIÓN

CRITERIO COMPLEMENTARIO

MAPA DE ZONAS

RESOLUCIÓN  RESULTADO LETRAS DESEMPATE

 

Só poderá acceder ó centro unha persoa por solicitude. Lembramos a importancia de cumprir e respetar todas as medidas do protocolo sanitario actual. 

As familias que entreguen a solicitude na Sede electrónica, solicitamos que o comuniquen ao centro para comprobar que estea todo correcto.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS...VIRTUAL!

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

Estimadas familias, debido á situación sanitaria na que nos atopamos, as xornadas de portas abertas serán de xeito virtual.

Queremos que coñezades o noso colexio e os nosos proxectos, así que elaboramos unha serie de vídeos que agardamos vos animen a formar parte da nosa comunidade educativa!

 

CEIP SALGADO TORRES, O TEU COLE!

Pica na imaxe para coñecer o noso colexio

Resultado de imagen de ceip salgado torres

 

E toda a información sobre os nosos proxectos e inquedanzas...

 

Para calquera dúbida estamos á vosa disposición:

  • Correo electrónico:ceip.salgado.torres@edu.xunta.es
  • Teléfono: 881 88 08 30

 

 

CONCURSO DE MICRO-RELATOS E ILUSTRACIÓNS DE SAMAÍN

Aínda estades a tempo de participar no concurso de Samaín convocado dende a Biblioteca de Toc-Tina!

Este curso hai dúas modalidades, micro-relato e ilustración, ANIMÁDEVOS!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut