Skip to Content

Documentos

Plan de Acollida 2020-21

DECLARACIÓN RESPONSABLE

DECLARACIÓN RESPONSABLE

Como xa vos comentamos nas distintas reunións de titorías e dada a situación excepcional que estamos a vivir, é necesario que todos colaboremos en evitar a propagación do virus e manteñamos unha aptitude responsable, evitando que os nosos-as fillos-as non acudan á escola ante a sospeita de aparición de síntomas compatibles coa COVID 19. É por iso que a Consellería obriga á sinatura dunha declaración responsable por parte das familias, que é necesario cumplimentar e asinar.

Esta declaración debe ser entregada ó profesorado titor antes do día 16 de setembro 

No anexo I do protocolo, figura a seguinte enquisa que pretende ser útil para poder identificar síntomas clínicos de sospeita de ter infección por coronavirus.

 

Ambos documentos os atoparedes nos arquivos adxuntos.

Grazas pola vosa colaboración.

 

RECOLLIDA DOS HISTORIAIS ACADÉMICOS

Están dispoñibles os historiais académicos para o alumnado de 6º de educación primaria. Os titores legais poden recollerlos na secretaría presentando o seu DNI. Ampliamos o horario de atención ao público (09:30 a 13:30 horas). 

 

No caso de autorizar a alguén para a a súa recollida, necesita entregar unha autorización firmada coa fotocopia do DNI do titor/a legal. 

 

A Dirección

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut