Skip to Content

Act. Complementarias

Árbore de Nadal feito con mandalas

No mes de decembro os nen@s estiveron coloreando mandalas e con elas fixemos esta fermosa árbore de Nadal. Esperamos que vos guste.

Arbore de Nadal feito con mandalas

As sombras chinescas: Resultado final

Os alumnos do 3º e 2º ciclo están a preparar un teatrillo de sombras chinescas para representar o día 21 ao resto de compañeiros

 

Festa Voz Natura

O pasado sábado 4 de xuño celebrouse a Festa Voz Natura no parque de Acea da Mar do Burgo. O noso cole tamén participou cos traballos realizados durante o curso como podedes ver nas fotos.

Como se observa na foto levantamos moita espectación.

Entroido 2012

O MECO DO NOSO COLE 

 
Este é o noso meco, un vaqueiro moi rumboso,
durante toda a semana foinos dicindo como
tiñamos que vir vestidos ao cole. 
O luns había que traer sombreiro para saudar ao compañeiro, 
o martes algo nos ollos oara non quedar virollos,
o mércores unha gravata en lugar de vir con bata,
o xoves zapatos diferentes por ser intelixentes e 
o venres, todos disfrazados para non quedar pasmados
na festa de entroido do colexio. 
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut